A semana pasada aparecÃa a noticia (e a polémica) ao redor da venda do mosteiro de Santa Comba de Naves, ubicado na periferia do concello de Ourense, por parte do bispado da cidade a un particular. Non é o único cenobio que o bispado ourensán pon á venda. A actualidade deita a luz sobre os mosteiros galegos que aÃnda fican por recuperar ou que carecen de usos definidos. Nesta reportaxe facemos un repaso por algúns deles.
Galicia é un paÃs cheo de mosteiros. AÃnda que moitos dos máis significativos e de grandes dimensións viviron procesos de restauración e recuperación ao longo dos anos oitenta e noventa, continúan a existir numerosos cenobios que se atopan en ruÃnas ou sen usos claros. As grandes dimensións dos recintos e a súa ubicación en espazos rurais crea dificultades para atopalos.
San Paio de Abeleda
O mosteiro de San Paio de Abeleda, en Castrocaldelas, atópase nunha completa situación de ruÃna. O mosteiro, do século XII, conta cunha igrexa románica con policromÃa e unha serie de edificacións anexas. A recuperación do mosteiro é obxecto de moitas demandas veciñais, municipais e da asociación O sorriso de Daniel, quen ten realizado numerosas accións de divulgación ao redor deste emblemático espazo. O bispado de Ourense teno á venda.
Santa Catalina de Monte Faro
Trátase dun importante mosteiro do século XII ubicado en Ares que é Ben de Interese Cultural. A semana pasada a Deputación da Coruña editou un libro do historiador Juan A. Carneiro e o fotógrafo José Pardo sobre a historia do mosteiro. O concello de Ares obtivo a propiedade do inmoble en 2004, xa que pertencÃa ao Ministerio de Defensa, e desde entón é empregado para visitas culturais e acontecementos puntuais. A súa rehabilitación aÃnda está pendente.
O Bon Xesús de Trandeiras
O mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo de Limia, só ten en uso a súa igrexa. O resto do espazo atópase en estado ruinoso, cun notable claustro. O concello de Xinzo de Limia presentou en 2014 unha solicitude para que fora rehabilitado con cargo ao 1,5% cultural do Ministerio de Fomento, que non foi concedida.
Santa MarÃa de Oia
O mosteiro de Santa MarÃa de Oia, do século XII, é o principal monumento da costa entre Baiona e A Guarda e un icono do sur de Galicia. Tamén pasou por múltiples vicisitudes. O principal proxecto é a construción dun importante hotel con servizo de talasoterapia no seu recinto, edificacións residenciais e zonas verdes. A finais de 2014 a Xunta botou para atrás unha parte substancial do proxecto da empresa. En outubro de 2015 a oposición municipal de Oia tamén rexeitou modificar o plan urbanÃstico municipal para dar acollida ás modificacións propostas pola empresa para a rehabilitación.
Santa MarÃa de Melón
Ubicado no concello do mesmo nome, o importante mosteiro cisterciense de Melón continúa nun estado de ruÃna trala finalización da controversia xudicial. O alcalde do concello e posteriormente a súa muller, tamén alcaldesa, foron obrigados pola Xustiza a demoler o polideportivo que construÃran a carón do mosteiro. Sen embargo, non existen proxectos de futuro para este importante cenobio.