As 10 de Moncho Lemos

O crítico da TVG presenta a súa selección de imprescindibles para disfrutar de Cineuropa

O crítico da TVG presenta a súa selección de imprescindibles para disfrutar de Cineuropa
Fotograma de Macbeth (2015).
Confundido ante a estensa oferta de Cineurora? Como xa é tradicional en culturagalega.gal, chega o gran festival de cine de Compostela e falamos con Moncho Lemos, o crítico de cine da Radio e Televisión de Galicia, para que nos faga unha proposta de dez filmes imprescindibles que non nos podemos perder.

1.Le NOVEAU
Unha cinta de humor e alegría contaxiosa para inaugurar esta edición de Cineuropa.
Risos aseguradas, sen caer na vulgaridade. Comedia gala simplemente deliciosa. Un adolescente atípico e as súas dificultades cando muda de ambiente, de amizades e de vida ao cambiar de colexio. Un alumno diferente, "raro" , nun liceo onde non encaixa ,ata que atopa outras almas xemelgas para facer mais dixerible a sua adolescencia. Os actores son todos noveis, pero teñen unha naturalidade pasmosa. Magnifica chamada de atención sobre a necesidade de integrar os diferentes , feita en clave de comedia, e nas antípodas de calquera dramatismo. Aí é onde está a súa xenialidade. Directamente dende o Festival de San Sebastián onde o seu realizador, Rudi Rosenberg , gañou o premio para novos directores.



2.45 YEARS.
Foi a película de moda no Reino Unido a principios de ano. A historia dun matrimonio que ve como nunha única semana esmorecen 45 anos de vida en común. Todo comeza coa aparición nos Alpes suízos, do cadáver conxelado do primeiro amor do marido.
O mesmo director de Weekend, Andrew Haigh, volve a poñer patas arriba o mundo da parella. O engano da seguridade fronte o namoramento. Unha película sutil onde sobresaen na súa inmensidade Charlotte Rampling e Tom Courtenay. De vision obrigada, despois de que ,no pasado festival de Berlin, os seus protagonistas conseguiran os premios as mellores interpretacións masculina e feminina.



3. OS DIAS AFOGADOS.
Un dos documentais galegos do ano. Cesar Souto e Luis Avilés narran con material de arquivo os últimos días dunha aldea que quedou baixo as augas pola construción dun encoro no ano 92. A emoción dunhas gravacións de quen sabe que recolle imaxes de algo que nunca mais vai volver ver. Dende o poético ata o político. Unha magnifica mostra de como contar unha historia con material de arquivo. Imaxes que documentan protestas ,conflitos e folgas de fame.. Os protagonistas amósanse cunha frescura que é difícil de atopar hoxe.O documental como algo que non é so un rexistro obxectivo da realidade. A imaxes do pasado e do presente nunha continuidade onde o tempo pasado e o presente dialogan con naturalidade. Un acto de fe no cine domestico e familiar para loitar contra o paso do tempo sen caer no sentimentalismo e distanciándose do drama.



4. AN. (UNHA PASTELERIA EN TOKIO)
Unha película para os amantes das cintas de temática gastronómica: Comer, beber, amar, Chocolat,Chef...Oda sentimental chea de aromas que reúne a dúas persoas solitarias que agochan feridas do seu pasado. Unha fabula para que reflexionemos a hora de pensar en cambiar moitas cousas da nosa vida para poder ser mellores persoas. Igual que cociñar para un mesmo é profundamente aburrido, tamén debemos ter claro que ninguén pode vivir completamente só e illado. Ata os que somos menos importantes , temos unha historia que pode interesar. Abrimos o noso corazón nunha pastelería moi peculiar, mentres Tokio é unha personaxe mais desta cinta onde a gastronomía ocupa o lugar dos afectos.



5. EL CLUB
Catro sacerdotes vivindo nunha mansión retirada ,mentres fan contrición das sus culpas e pecados. O dedo dun director que acusa sobre os abusos cometidos na igrexa católica. Pablo Larrain dende Chile , despois de pasar polos Horizontes Latinos de San Sebastián, convulsiona as crenzas mais firmes. Baseándose en feitos reais , retrata os membros da igrexa que se comportan de forma moi distinta os valores que defenden de amor e compaixón. Sen caer no amarelismo sensacionalista, estamos diante dun filme que combina o formalismo narrativo e a denuncia da impunidade.

Un filme profundamente necesario neste tempo histórico onde o Papa ten a oportunidade única de facer os cambios que a igrexa reclama.



6.SLOW WEST
O cinema do oeste de toda a vida, visto dende a óptica indie de Sundance. Un punto de comedia absurda nesa "Budy movie" do oeste cun punto traxicómico. Unha viaxe para procurar recuperar a un vello amor, un pistoleiro que busca a mesma muller e algo mais e unha historia bastante atípica que provocou no pasado festival de Sitges división de opinións. A critica, encantada con este western atípico. O publico, non tanto. Jhon Mc Lean, guionista e director, segue os ditados desa critica que aposta por qué o western ofreza novos formalismos. Algúns pensamos que este camiño non mellora a Sergio Leone ou Peckipah.



7.VICTORIA
Victoria traballa en Berlin de camareira, non ten amigos , non fala alemán e está a piques de que, nunha noite de tolos, pase a ser unha persoa totalmente distinta.
Unha das películas das que mais se fala nas ultimas semanas. Rodada nun único plano secuencia en dúas horas e vinte minutos de tempo real nunha noite en Berlin. . A actriz Laia Costa ofrece todo un recital interpretativo nesas horas,que van de catro a seis da maña ,e onde suceden unha chea de cousas que dan un xiro total a súa vida. Dúas claves xustifican sobradamente ver este filme: unha situación asfixiante e un magnifico exemplo de realización cinematográfica.

Na memoria ,por suposto Birdman pero tamén Jo que noche de Scorsese ademais dunha película que hai xa varios anos pasou por este mesmo festival: Corre, Lola, corre.



8. SON OF SAUL
Unha nova forma de tratar o Holocausto nunha desas películas monumentais. O mundo dos campos de concentración contado nas antípodas do sentimentalismo e amarelismo de Hollywood. Un dos acertos do filme é que, como espectadores, vemos unicamente o que ve Saul, o protagonista. A discreción e naturalidade do horror para situar un debate moral.
Nunca ata agoa o cinema contara con tanta verosimilitude as intricadas e enfermizas relacións nun campo de concentración entre os presos, os gardas e os traballadores destes infernos na terra. A vontade desesperada de crer para poder sobrevivir, a aceptación da morte...A pantalla retratando o inferno na terra dun xeito tan realista como sobrecolledor.



9. SHE FUNNY THAT WAY
Peter Bogdanovich, inspirándose en Lubitch e imitando a Woody Allen. Unha comedia de enredos para o regreso , 13 anos despois da súa ultima película. Unha prostituta que quere ser actriz.Un dos seus clientes é un director casado que se namora dela e quere axudala a triunfar no teatro. A longa experiencia sentimental do director esta detrás deste divertido vodevil, de aparencia menor pero que conserva algúns dos lóstregos de xenialidade que Bogdanovich conserva dos seus anos dourados, na década dos 70.

Todos contra todos nun reparto coral con rostros tan famosos como Owen Wilson e Jenifer Aniston. Parellas que se cruzan .Personaxes que se namoran e moitas confusións e enganos. Un cocktail delicioso para facer unha pausa refrescante entre dramas e trascendencias.



10.MACBETH
Espléndida experiencia cinematográfica nesta reinvención do texto clásico de Shakespeare. Michael Fassbender e Marion Cotillard nos seus papeis de muller ambigua e enigmática ela, e de poderoso e arrogante el. Un filme recomendadísimo para os amantes da épica na pantalla tratada cunha poderosa forza visual. Os escenarios naturais de Escocia, onde se rodou esta película , reforzan o ambiente fantasmagórico que domina a historia.
Escenas violentas e diálogos intensos nun relato sobre a destrución do poder . Unha película que aspira a retratar a tolería e desmesura do poder de quen xoga a ser Rey, ten obrigatoriamente que ter esa épica e grandeza que destila "MACBETH". Aquí si que están sobradamente xustificadas as escenas de violencia e sangue que alimentan a paixón polo poder do protagonista.