Unha das perspectivas que están a se afortalar nas olladas sobre o rural é o humor. Apoiadas pola democratización das tecnoloxÃas audiovisuais e a rede, webseries e vÃdeos achegan un xeito diferente de comprendermos o mundo rural.
Xa temos comentado nesta serie de reportaxes como ata o de agora moitas das producións audiovisuais que abordaban o medio rural achegan unha ollada bucólica ou pesimista sobre este medio. Nos últimos anos, no entanto, coa explosión das redes e aparición das webseries, están a se xerar diferentes proxectos que abordan o noso rural desde unha perspectiva eminentemente humorÃstica. Páramo Pictures, coas súas versións patrias de temas pop recoñecidos internacionalmente ou coa súa serie Veciños, ou proxectos como PIB. Produto Interior Bruto amosan unha ollada chea de retranca sobre este ámbito. Tarefas e maquinaria agraria como temas común, a problemática dos marcos, a taberna como punto de encontro ou as formas de relación propias do nosos dÃas repÃtense como trasfondo e mesmo eixe dos argumentos.
Antecedentes
A este respecto, Manolo González, coordinador do Chanfaina Lab, apunta a existencia de precedentes a esta perspectiva. "Esta tipo de producións conecta co tema Bravú, que aÃnda que deu poucas pezas, conseguiu unha grande repercusión fóra de Galicia con producións como O matachÃn. Despois daqueles anos a xente non seguiu moito por aÃ, pero a verdade é que o de lle pór ironÃa e xogar coa retranca non deixa de ser unha caracterÃstica da nosa cultura que tamén se aplica neste caso". Desde Páramo Pictures Iván Capón explica que esta exitosa iniciativa "naceu para nos divertir". O proxecto mestura as inquedanzas de Dani, cantante de orquestra, MarÃa, que tamén ten experiencia neste sector e mais do propio Iván que fixo un ciclo de realización. "Cada un fai algún guión. Eu traballo máis o da serie, que é máis audiovisual e eles fan as adaptacións da canción".
Retratos
Encol da elección polo rural, sinala que "é o que coñecemos do noso contorno, sobre todo no caso dos meus compañeiros. Ademais parecÃanos que faltaba algo que amosase un pouco máis a realidade do rural, que non é o que ollamos na televisión". Sitcoms profesionais como Era Visto, Padre Casares ou series dramáticas como Serramoura , Libro de familia ou Terra de Miranda sitúan desde hai anos as súas tramas neste medio. "En xeral as series están ben feitas, especialmente as dramáticas. No caso das cómicas paréceme que lles falta algo de verdade, de sustancia. A realidade e o xeito no que falta a xente non é exactamente asÃ. As tramas non tratan a Galicia profunda, a vida dos gandeiros e todo iso".
Visións diferentes
A visión que achegan sobre a nosa realidade agraria non deixa de xerar opinións contrapostas. "Algunha queixa hai. Atopamos xente que nos di que é unha paletada e que non toda Galicia é asÃ, sobre todo penso que é xente de cidade, pero non hai máis que saÃr uns poucos quilómetros e vese que Galicia non é só a cidade. Penso que iso llo deben de dicir a todos os cómicos que fan algo parecido. A maior parte da xente recibe moi ben os nosos traballos". Ese choque entre visións diferentes de Galicia retrátase, como non, humorÃsticamente, na súa webserie Veciños.
No entanto maior parte das respostas están a ser positivas, e mostra da popularidade que acaban estes traballos son as estatÃsticas de Youtube, que chegan á marca de máis de 1.700.000 visitas co vÃdeo musical Bertolina.
Outros proxectos
De xeito similar aos proxectos de Páramo, a webserie PIB. Produto Interior Bruto explora sen complexos as andanzas de Richi e Maxi por tabernas, clubes de alterne ou aulas de informática da Limia, nunha fórmula que "mestura en (sobre) doses exactas costumismo psicodélico con surrealismo cotián". Mighele de Currás dirixe esta iniciativa que se desenvolve, como outras nesta liña, de xeito totalmente amador. Coma eles, tamén o web Canto Ghalpón, centrado na cración de memes en galego comezou recentemente a publicar breves vÃdeos nos que abordan ditos e actitudes propios do rural. Con certeza non han ser os últimos.