Un elemento que están a traballar de xeito particular varias das iniciativas que teñen a relación do cinema co rural como eixe é a participación. Proxectos como o Chanfaina Lab transforman a veciñas e veciños en protagonistas das producións, mentres diferentes eventos localizados neste ámbito achegan os veciños a mundo da sétima arte. A cineasta Xudit Casas elaborou un documental no que, a partir da súa propia experiencia, explora as vantaxes, oportunidades e inconveniente de traballar co audiovisual neste campo.
O II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural (SoPA) que se celebrou en 2014 en Celanova, serviu de presentación para o filme Rodar en Celanova. Testemuños de profesionais e de xente que colaborou en diferentes producións que se desenvolveron nesta vila amosan as diferentes maneiras en que se vive a participación na sétima arte.
Vantaxes e problemas
Segundo sinala Casas, neste ámbito "é moito máis doado traballar no sentido en que todo resulta moito máis accesible a nivel humano". A dispoñibilidade de veciños e, en ocasións, do conxunto da comunidade, facilita contactos, localizacións e mesmo desprazamento ou apoio material para as rodaxes. Como contrapartida, apunta que "podes ter problemas en canto a infraestruturas e material. Ao mellor en Madrid ou Barcelona podes conseguir cousas máis rápido, pero coa tendencia a unha tecnoloxÃa máis democrática iso está a se amañar. Ao mellor hai uns anos habÃa que ir ata a Coruña a buscar material de iluminación, pero hoxe hai empresas deste tipo tamén en Ourense".
Ocio activo
A directora recoñece, no entanto, que o caso de Celanova, onde desenvolveu varios proxectos audiovisuais "é particular. Somos uns cantos os que traballamos no audiovisual, unha ratio bastante elevada tendo en conta a poboación que hai", arredor dun por cada 1000 habitantes, segundo sinala o documental. Nese sentido, e aÃnda que valora a oferta cultural que existe na vila, as diferentes producións que se desenvolveron nela constitúen unha alternativa interesante. "É un xeito de buscar participación cultural. En Celanova ao mellor hai oferta cultural, pero en moitos lugares do rural non existen moitas propostas de ocio activo, e aà o audiovisual aparece como un potencial e que ademais engancha moito a xente e resulta moi impactante". Ademais, existen xeitos de traballo que facilitan ese achegamento. "A min particularmente gústame rodar dun xeito aberto, coa posibilidade de que as persoas fagan achegas, participen de xeito activo e tomen decisións tamén, dáse un proceso de democracia cultural moi interesante que tentei reflectir no documental".
Difusión audiovisual
Dentro do potencial que presenta o medio rural e as vilas pequenas para estes labores, Casas sinala o seu interese pola educación e a difusión cultural mediante iniciativas audiosivuais. "A min gústame traballar con xente allea a este mundo, paréceme que estas persoas achegan cousas á producións e que ao tempo é un xeito de educar no audiovisual". Nese sentido comenta o caso de dous irmáns que falan neste documental. "Comentaban que desde que participaron nunha produción valoran moito máis o traballo que custa facer os filmes ou o teatro". Traballar no rural, para máis, amósalle tamén a existencia de posibilidades laborais fóra do convencional á xente que participa nas producións. "Ven que hai outras opcións de gañar a vida, que non hai que ser só arquitectos ou médicos. Eu mesma descubrÃn o audiovisual porque organizaron un obradoiro de vÃdeo e namoroume. Achegáronmo, doutro xeito non terÃa entrado neste mundo".
A colaboración con persoas que se achegan ao cinema desde diferentes sectores achega tamén posibilidades insospeitadas. "Eu por exemplo, na última curta que fixen estaba moi mal de saúde, e entre os colaboradores tiñamos dous médicos eu unha enfermeira, o que era unha tranquilidade por se me pasaba algo, sempre podÃan me dar algún tratamento", lembra a directora. Os encontros xeran froito insospeitados.