Cal é a influencia da literatura culta no imaxinario e na tradición oral galega? Para responder a esta pregunta, o Festival Atlántica de Narración organiza as Conversas Atlánticas, unha reunión de divulgación e debate ao redor do imaxinario e a tradición oral de Galicia, que se celebrarán hoxe a partir das 18 h. no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Desta volta, tres destacados especialistas debullan os mitos e o imaxinario do país. Ás 18 h., o historiador Antonio Balboa explicará as orixes dun dos grandes mitos de Galicia, o da Raíña Lupa. De seguido, o investigador Antonio Reigosa e o antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro analizarán a influencia da literatura culta nos contos e nas lendas populares. A entrada ao evento é gratuíta.