Máis de mil páxinas de brinquedos e entretementos tradicionais de todo tipo. Edicións Xerais ten xá á venda, en prepublicación, Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, un volume no que Antón Cortizas desprega a súa erudición sobre este tema. Dez anos de traballo deron na colleita de máis de 1.000 aparellos para pasar o temo. O autor explícanos este proxecto.
Cando hai dez anos Antón Cortizas publicou en xerais Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, quedáralle atrás un capítulo. Faltaba o que se refería ao xoguete tradicional, e ese é o que vai agora. Un capítulo que acabou tendo máis de mil páxinas que demorou unha década en se rematar pero que na realidade implicou moito máis tempo e unha intensa rede de persoas. Así, o autor recoñece que para alén das informacións que eu mesmo me dediquei a recoller alá por onde fun, especialmente no meu traballo en centros de ensino, informáronme moitas outras persoas, penso que van todas nomeadas no libro. E así é, cada unha das máis de mil entradas que recolle o volume indican o nome dos correspondentes informantes e mais o lugar de recolla de cada testemuño. Participou máis dun cento de persoas, este é un traballo de documentación que non pode facer un só. Houbo profesores que colaboraron e que recolleron información dos seus alumnos, lembra . Canda a isto busquei tamén moita información bibliográfica e de Internet, o que permite, por exemplo, que boa parte das descricións de brinquedos vaian acompañadas de citas literarias nas que se menciona ou se describen estes entretementos. Así, partindo dunha listaxe inicial duns 80 xogos e brinquedos que o autor recuperou da súa propia memoria e experiencia, chegou ata os máis de mil que se recolle no libro. Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais colle o nome das carracas na fala de Ferrol e sairá a venda da man de Xerais o vindeiro 15 de abril a un prezo de oitenta euros. Ata entón, está aberto un prazo de venda de prepublicación que permitirá facerse coa obra por só 48.
Esmorecemento
Malia a que o volume de material recollido pode facer pensar que existe unha certa vitalidade destes entretementos entre as crianzas do país. Cortizas é pesimista neste sentido. Polo Xeral os nenos e nenas dos centros de ensino falaban sobre os xogos dos seus país, non dos propios. Desde que eu comecei a traballar este tema van xa 36 anos, e no último centro no que obtiven información sobre xogos aos que xogaban os propios rapaces foi en Mugardos, no curso 96/97. A partir de aí, só atopei datos sobre xogos dos seus maiores. A partir de alí comezou a se perder de xeito vertixinoso esta cultura, e coas máquinas electrónicas xa veu a perda absoluta. Malia ao esmorecemento, algúns destes xogos contan aínda con boa saúde. Os rapaces aínda fan avións ou pelotas de papel para xogar ao fútbol. Nese sentido, o autor advirte que como xogo tradicional debemos entender o que se transmitiu de boca en boca e foi aceptado e adaptado pola poboación en cada lugar, pero a escola xa desde o século XVIII e XIX actuou como transmisora, e en publicacións escolares aparecen xogos que hoxe consideramos populares pero que se puideron introducir nese contexto.
Recuperacións
Fronte a este desolador panorama, Cortizas recoñece a importancia que está a acadar o movemento de recuperación dos entretementos tradicionais. Hai grupos que realmente están a traballar e revitalizan o xogo tradicional perdido, é moita xente. Este mesmo fenómeno amosa que se está a perder a tradición, se estivese en pleno auxe ninguén se preocuparía por ela. Así, menciona a federación Brinquedia, o colexio da Capela, a Liga Nacional de Billarda, Xotramu, ou as ligas de chave que existen en Ferrolterra, Ourense ou Santiago, e é que malia a falarmos tantos sobre rapaces, Cortizas advirte que o xogo non é exclusivo dos nenos. Non podemos esquecer que unha baralla ou un dominó son tamén xoguetes. Precisamente nese ámbito pode ser máis sinxelo actuar para manter estas tradicións. O xogo de adultos sería fácil de recuperar se fósemos un país normal. Existen estas ligas organizadas, con varias divisións, e xógase cada fin de semana, pero na televisión só se fala do fútbol. O mesmo acontece cos mirlos, a nosa variedade do xogo de bolos, que se mantén en moitas zonas.
A importancia das vilas
Malia a que estamos afeitos a ir procurar a tradición no ámbito rural, de xeito curioso, Cortizas sinala que é nas vilas onde mellor se conservan estes entretementos. É nas vilas onde pode haber máis espazo para a transmisión oral propia destes xogos. Alí é onde hai grupos de rapaces, xa que o rural está despoboado, e ademais poden atopar espazos onde non lles amolen os coches e máis ou menos bravos onde brincar. Con este panorama, o autor ten claro a fundamental importancia da escola para recuperar ou reintroducir na poboación máis nova os xeitos de se entreter dos nosos maiores. Cómpre recuperar a escola lúdica, todos os grandes pedagogos remarcan isto. O xogo é unha parte da cultura e onde moitos de nós aprendemos como é a sociedade na que vivimos, para ben e para mal. Estas propiedades dos xogos só se poden practicar onde nos nenos e nenas están xuntos, e iso é na escola, sobre todo en primaria. Aínda que a práctica de xogos populares está xa introducido no currículo escolar, na actualidade intégrase na actividade diaria de xeito algo esvaído. Debería practicarse de xeito máis intenso e cunha perspectiva multidisciplinar, desde varias materias. Pódese falar dos protocolos dos xogos en lingua, en música aprender as cancións que levan vencelladas ou mesmo se poden practicar matemáticas coa billarda. Nese sentido existen xa experiencias no noso país que serven de exemplos. Trabállase sobre todo nos recreos. Hai centros que teñen unha ludoteca deste tipo e os rapaces poden enredar con este brinquedo.
Construción
Está garantido que os xoguetes que aparecen na obra funcionan, xa que o propio autor elaborou a práctica totalidade dos que aparecen no volume. Houbo algún caso no que encarguei que mos fixesen, porque eu non daba, recoñece. De feito, a súa experiencia artesá neste sentido lévao a afirmar que en moitos casos é a propia elaboración do brinquedo o maior entretemento. Un destes casos é unha brincadeira que coñeceu en Cedeira. Trátase de elaborar un polbo coa flor do mexacán. Cortando axeitadamente o talo e abríndoo coa uña, ponse nunha poza de auga e colle a forma dun polbo, cos tentáculos a se retorcer. É un enredo que non dura nada, non o vin en ningún outro sitio. Coma este, foron moitos os entretementos inéditos que Cortizas foi descubrindo no seu traballo. Gústanme moito os que se fan con flores ou cousas que atopas o camiño, como algúns asubíos. Hai elementos insignificantes que temos ao carón e que poden dar moito pracer lúdico. Así, menciona o entretemento de estralar as flores do milicroque, a construción de cifres ou frautas.
Transformacións
Mesmo na tradición se deixaron sentir os tempos modernos, e os mesmos brinquedos viron transformacións ao longo do tempo. Por exemplo, en Moeche facíase un asubío cunha pedra que se podía labrar coa navalla. E nalgún momento, alguén comezou a facela con latas de conservas. Tamén se fan frautas con tubos de plástico ou empréganse distintos elementos de manufactura industrial. O tiracroios que se empregaba co talo do bieiteiro, hai cativos que o fan aínda agora cun anaco de mangueira de butano. O mesmo enredo de hai milleiros de anos faise con outros materiais, advirte. Oxalá vexamos aínda novas transformacións neses brinquedos.
Índice e dez páxinas e Tastarabás.Cando hai dez anos Antón Cortizas publicou en xerais Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, quedáralle atrás un capítulo. Faltaba o que se refería ao xoguete tradicional, e ese é o que vai agora. Un capítulo que acabou tendo máis de mil páxinas que demorou unha década en se rematar pero que na realidade implicou moito máis tempo e unha intensa rede de persoas. Así, o autor recoñece que para alén das informacións que eu mesmo me dediquei a recoller alá por onde fun, especialmente no meu traballo en centros de ensino, informáronme moitas outras persoas, penso que van todas nomeadas no libro. E así é, cada unha das máis de mil entradas que recolle o volume indican o nome dos correspondentes informantes e mais o lugar de recolla de cada testemuño. Participou máis dun cento de persoas, este é un traballo de documentación que non pode facer un só. Houbo profesores que colaboraron e que recolleron información dos seus alumnos, lembra . Canda a isto busquei tamén moita información bibliográfica e de Internet, o que permite, por exemplo, que boa parte das descricións de brinquedos vaian acompañadas de citas literarias nas que se menciona ou se describen estes entretementos. Así, partindo dunha listaxe inicial duns 80 xogos e brinquedos que o autor recuperou da súa propia memoria e experiencia, chegou ata os máis de mil que se recolle no libro. Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais colle o nome das carracas na fala de Ferrol e sairá a venda da man de Xerais o vindeiro 15 de abril a un prezo de oitenta euros. Ata entón, está aberto un prazo de venda de prepublicación que permitirá facerse coa obra por só 48.

Fonte: Xerais