O vindeiro domingo unha superficie de 13.000 metros cadrados no corazón converteranse nun inmenso campo de xogo. A Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta, chega á súa cuarta edición. Xotramu, a asociación organizadora, apostan en firme polas posibilidades das novas tecnoloxÃas para dar a coñecer este patrimonio, e coa Fundación TIC Lugo presenta 26 vÃdeos cos que dá a coñecer outros tantos xogos. Achegámosche unha pequena selección.
De se manter a asistencia da anterior edición, preto de 4.000 persoas se achegarán ata Muimenta o vindeiro domingo para participar na Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta. Ogranizada por Xotramu, asociación dedicada á recuperación deste patrimonio inmaterial, o encontro dá a coñecer toda unha variedade de enredos. “Como novidades temos varios xogos que se foron incorporando ás nosas existencias. Tamén imos facer unha carreira de rolos de herba que outros anos non puideramos organizar por falta de espazo. E imos bater unha marca mundial ao facer bailar un peón de 1,10 cm de alto”, explica José Lombardero, un dos responsables da organización . Canda a isto, o encontro contará con representacións de Euskadi ou Portugal que darán a coñecer os seus propios entretementos, con propostas como os espectaculares cortadores de árbores vascos ou o campionato internacional de tiro de corda. Mais, para alén de ollar como se practican, os visitantes á festa poderán, como non, practicar a súa pericia nos entretementos dos nosos maiores. Lombardero recoñece que un dos que ten máis éxito entre os visitantes é o tirapedras. “Cargámolos con garavanzos para que non resulte perigoso, aÃnda que nos meus tempos empregabamos bólas de aceiro. Tamén chama moito a atención o arrebolamento de sacho, que é algo que non se practica en moitos sitios e que recuperamos aquÔ
O material dos xogos
O traballo de recuperación de xogos que desenvolve Xotramu permitiulles contar con máis de 120 no seu catálogo. “Eses son os que temos reconstruÃdos, cos elementos e as regras definidas para xogar. Logo temos moitos máis que aÃnda non os demos feito. Maioritariamente facémolos nós mesmos e empregamos case sempre material reciclado, iso leva o seu tempo”. Precisamente a necesidade de facer de xeito artesanal as pezas precisas para algúns destes entretementos son en ocasións unha barreira á hora de estender a súa práctica. É o caso da chave, que nas súas catro modalidades esixe pezas de ferro con formas especÃficas realizadas, como non, de xeito artesanal. “A xente sempre nos pregunta onde se poden mercar estas cousas, e nós insistimos en que moitas veces se pode inventar ou improvisar. Animamos a que cada un constrúa os seus propios xogos”. Nese sentido, Lombardero sinala que a visita a Muimenta pode ser unha boa ocasión para se facer con elementos para estes xogos. “Nós contamos cun veciño de alÃ, o Paco, que nos fai peóns, bolos e os paus da billarda”, recoñece. “Entón o primeiro ano ao mellor tivo encargas para mil xogos de bolos, e a partir de aà foi medrando a demanda. Aà quedamos sorprendidos da necesidade que hai deste tipo de elementos, e cada vez vai a máis”. No entanto, Lombardero insiste nas posibilidades de se achegar a estes entretementos sen necesidade de especiais investimentos. “Para xogar ao tres en raia non cómpre máis do que pintar un taboleiro e ter unhas pedras que se diferencien. Para a billarda cun pao de 50 centÃmetros e outro de 15 xa está, non cómpre un grande investimento”.
Coñecer as regras
Canda ao material, a grande escusa que se pode pór para non se achegar a estes xogos é o descoñecemento das regras. Para remediar isto, Xotramu, en colaboración coa Fundación TIC Lugo colgou recentemente na rede 26 vÃdeos nos que diferentes voluntarios da entidade explican as regras e amosan como se practican distintos entretementos. De cara ao final do ano está previsto ampliar este catálogo audiovisual con novos entretementos. Ademais, a asociación distribúe a centros de ensino e a entidades interesadas material audiovisual a explicar os xogos cos que traballa.
Algúns exemplos
“Temos unha cultura de xogos impresionante”, apunta Lombardero. “Un que me resultou rechamante é a porca. É unha especie de hockey que se xogaba cunha bola redonda de madeira e un bastón de madeira de uz. Estamos convencidos de que, quen fose que inventou o hockey se inspirou nisto, porque pode levar centos de anos a existir. Xogábase pola zona do Courel, e resulta un exercidio intenso, bastante máis forte do que pode ser o paddle. Só cómpren cinco ou sete persoas e ter un campo no que poder facer un buraco”. Entre os traballos que teñen en marcha na asociación, “estamos detrás dun tipo de bolos que se xogan en Navia de Suarna e mais da bugalliña. Este é un xogo que só se mantivo en Carballeda de Avia, que só xogan as mulleres e que emprega bugallos. É algo moi difÃcil de explicar”.
Actividades de balde
Malia á crise, o colectivo mantén o seu rumbo. “GustarÃanos facer máis cousas, pero temos os recursos que temos. Grazas ao apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e de que todo o que cobramos das demostracións que facemos vai integramente para as nosas actividades podemos seguir adiante”. Todas as actividades da festa do vindeiro domingo son de balde, “é unha ocasión estupenda para coñecer estes xogoso sen que custe nada”, lembra Lombardero, quen anima á xente a participar. “Hai quen non quere xogar porque pensa que fai o ridÃculo. Trátase de o pasar ben, se non es bo, xa aprenderás, ninguén nace aprendido”. Por se fose pouco, o 2 de xuño, na véspera do encontro de Muimenta, A Estrada acolle o VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, e en Internet webs como o de Brinquedia, a Rede Galega centrada nestes enredos, achegan recursos abondos encol desta cuestión. Xa non hai escusa. Sexa por vÃdeo ou asistindo ao vivo, hai oportunidades abondas de integrar estes xogos no noso tempo libre.
Todos os vÃdeos de xogos tradicionais no web da Fundación TIC Lugo.De se manter a asistencia da anterior edición, preto de 4.000 persoas se achegarán ata Muimenta o vindeiro domingo para participar na Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta. Ogranizada por Xotramu, asociación dedicada á recuperación deste patrimonio inmaterial, o encontro dá a coñecer toda unha variedade de enredos. “Como novidades temos varios xogos que se foron incorporando ás nosas existencias. Tamén imos facer unha carreira de rolos de herba que outros anos non puideramos organizar por falta de espazo. E imos bater unha marca mundial ao facer bailar un peón de 1,10 cm de alto”, explica José Lombardero, un dos responsables da organización . Canda a isto, o encontro contará con representacións de Euskadi ou Portugal que darán a coñecer os seus propios entretementos, con propostas como os espectaculares cortadores de árbores vascos ou o campionato internacional de tiro de corda. Mais, para alén de ollar como se practican, os visitantes á festa poderán, como non, practicar a súa pericia nos entretementos dos nosos maiores. Lombardero recoñece que un dos que ten máis éxito entre os visitantes é o tirapedras. “Cargámolos con garavanzos para que non resulte perigoso, aÃnda que nos meus tempos empregabamos bólas de aceiro. Tamén chama moito a atención o arrebolamento de sacho, que é algo que non se practica en moitos sitios e que recuperamos aquÔ