Botóns, chapas, limóns, pedras ou moscas. Os rapaces de comezos do século XX aproveitaban os máis curiosos recursos para se entreter. O Consello da Cultura Galega e mais o Museo de Pontevedra editaban recentemente Xogos Populares en Pontevedra, un traballo pioneiro no que José Casal y Lois atendeu, por vez primeira, ao que facÃan os rapaces na vila para pasar o tempo, aló por 1910.
No século XIX chegou ao noso paÃs o interese pola recuperación de tradicións e da cultura popular. No entanto, campos coma o dos entretementos dos máis pequenos ficaron fóra do obxectivo dos investigadores durante moito tempo. Hai agora cen anos, José Casal e Lois desenvolveu unha pequena análise desta cuestión na cidade de Pontevedra, nun estudo pioneiro. Agora o Museo Provincial e mais o Consello da Cultura publican por vez primeira esta investigación cun amplo traballo de edición de Xosé Fuentes Alende. Segundo explica este investigador. “é a primeira compilación seria de xogo que se fai Galicia. Falamos de entre 1909 e 1911. Antes só habÃa algunhas referencia do Padre Sarmiento e de Pérez Ballesteros. O traballo de Casal é unha obra capital para coñecer os xogos que se facÃan no paÃs”.
Compilación e edición
O estudo sobre os xogos populares é un dos últimos traballos de Casal sobre etnografÃa. “Xa fixera unha grande compilación de coplas populares e é autor do primeira monografÃa seria sobre unha parroquia galega, Salcedo. Tamén traballou sobre cruceiros e petos de ánimas e se interesou polo latÃn dos canteiros”, lembra Fuentes. As súas notas manuscritas conserváronse en carpetas no Museo de Pontevedra, e achegan, ademais de fichas sobre diferentes entretementos unha introdución ao proxecto. A iniciativa tardarÃa cen anos en ver a luz, grazas á colaboración entre o Museo de Pontevedra e o Consello da Cultura. “Iniciei este traballo como parte dunha encarga do Consello da Cultura. Tratábase de dar a coñecer un traballo etnográfico ou folclórico descoñecido, encargáronme buscar no Museo e ocorréuseme meterme con este manuscrito. Foi un traballo duro, é un texto moi estenso coa caligrafÃa propia dun médico” recoñece Fuentes.
Algúns xogos
O traballo de Casal trata todo tipo de entretementos. Atopamos asà os xoguetes que naquel momento se podÃan mercar en tendas, coma os monicreques, as cometas, animais de papel ou tiragomas. Canda a estes, aparecen recollidos entretementos que aproveitan todo tipo de elementos naturais, incluÃndo as pelexas a golpes de limón. AÃnda aparecen tamén xogos coma a roda, ou as galiñas que non precisaban material especÃfico e mais aqueloutros, coma os maios, que tiñan carácter estacional. Malia a que maiormente comprobamos que os rapaces e as rapazas de hai cen anos xogaban máis ou menos coma agora, atopamos tamén distraccións que hoxe non superarÃan a proba da corrección polÃtica, coma as pelexas a pedradas ou os variados xogos con moscas que incluÃan imaxinativos despezamentoos do animal.
O que quedou
Pompas de xabrón, barcos de xoguete, palletas, xogar ás casas ou aos soldados, imitar procesións, buscar niños, facer guerras, saltar a comba, á churra ou xogar á pelota. Casal oferta un completo percorrido por entretementos de todo tipo, algúns dos cales aÃnda son coñecidos nos nosos dÃas. “Por desgraza perdéronse moitÃsimos. Os nenos xa apenas xogan tal e como o faciamos na nosa infancia, empregan máis as novas tecnoloxÃas do que os xogos tradicionais. Consérvanse algúns coma a estornela, o trompo ou, nalgúns lugares, os maios” explica Fuentes. Entre os entretementos que máis lle chamaron a atención, destaca “os pelouros, que se xogaban con cinco seixos pequenos. Tamén hai un divertimento de Entroido, a Corrida da Rosca, que Casal recolleu en Campañón e non aparece noutros estudos sobre esta festa en Galicia”.
A falta de atención
A importancia do traballo de Casal, agora recuperado, é aÃnda maior se temos en conta a ausencia de estudos especÃficos sobre xogos tradicionais nas investigacións sobre a nosa cultura. “Desde esta recompilación ata a década dos oitenta houbo só algunhas recollidas parciais por parte de homes da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos. Ata finais do século XX, nos anos setenta e oitenta, non houbo novos traballos sobre este campo”, lembra o editor desta obra. O esquecemento deste ámbito da nosa cultura pode deberse, segundo el a que, “quizais era algo que aÃnda estaba vixente, e polo xeral ao que ten vixencia non se lle presta atención á hora de o investigar. Ata que desaparece”, conclúe.
Fragmento de 36 páxinas de Xogos Populares en Pontevedra.No século XIX chegou ao noso paÃs o interese pola recuperación de tradicións e da cultura popular. No entanto, campos coma o dos entretementos dos máis pequenos ficaron fóra do obxectivo dos investigadores durante moito tempo. Hai agora cen anos, José Casal e Lois desenvolveu unha pequena análise desta cuestión na cidade de Pontevedra, nun estudo pioneiro. Agora o Museo Provincial e mais o Consello da Cultura publican por vez primeira esta investigación cun amplo traballo de edición de Xosé Fuentes Alende. Segundo explica este investigador. “é a primeira compilación seria de xogo que se fai Galicia. Falamos de entre 1909 e 1911. Antes só habÃa algunhas referencia do Padre Sarmiento e de Pérez Ballesteros. O traballo de Casal é unha obra capital para coñecer os xogos que se facÃan no paÃs”.