Coa chegada do bo tempo multiplÃcanse pola nosa xeografÃa as xa tradicionais carreiras de carrilanas. Son estes eventos versións competitivas do ancestral xogo de se tirar por unha costa abaixo montados un aparello rodante. Na actualidade, e contrariamente ao que poderÃa semellar, este entretemento non só goza de boa saúde, senón que está a se integrar nas máis actuais tendencias de deporte extremo e conta cun campionato propio.
Street luge ou zorras de asfalto. Gravity bike, bicicletas preparadas para conseguir a máxima velocidade costa abaixo. Long board, ou monopatÃn de descenso. Patinaxe de descenso. E... carrilanas nas súas variedades de goma, de rodamentos e de madeira. Como podemos ver, na Federación de Deportes de Inercia, especializada nas carreiras e experiencias que aproveitan a gravidade para desprazar vehÃculos, mestúranse as propostas de máis rabiosa actualidade coa nosa tradición máis fonda. E é que as carrilanas semella que non pasan de moda. Este vehÃculos artesáns feitos cunhas poucas táboas e unhas rodas para se tirar polas costas supoñen un entretemento que a nosa cultura tradicional comparte con outro feixe por todo o mundo. Sen ir moi lonxe, en Navarra teñen as goitibeheras e nas zonas de fala catalá os carretóns.
Campións costa abaixo
Dentro desta federación estatal, ai aÃnda dous anos que se creou o Campionato Galego de Deportes de Inercia, unha iniciativa que está a conseguir unhas destacadas cifras de crecemento. "En 2005 fixemos as primeiras carreiras. Cando comezamos tiñamos cincuenta de dous federados e agora hai cento setenta membros galegos dos arredor de catrocentos que hai en todo o Estado" explÃcanos Daniel Barchetta, campión galego en dúas categorÃas de descenso e nunha estatal. En total, o campionato galego conta cunha vintena aproximada de carreiras que se desenvolven por todo o paÃs entre marzo e setembro. "Quedaron fóra dez ou doce porque pechamos a inscrición, se non nunca consegues programar", explica Barchetta. Para alén desas candidatas, existen aÃnda descensos que non están interesados en se integrar nesta estrutura. "Hai quen só quere facer a carreira con ocasión da súa festa e punto", recoñece. Para facernos unha idea da importancia que ten Galicia no panorama estatal de deportes de descenso, abonde con dicir que o Campionato de España deste 2007 ten Bandeira coma sede, e que dúas das cinco probas do open estatal tamén se celebran aquÃ. En total, no campionato galego dispútanse este ano dezaoito encontros ao longo de todo o verán. AÃnda máis, o setenta por cento dos inscritos a nivel estatal na categorÃa Carrilanas da Federación de Deportes de Inercia son galegos, e segundo os datos deste colectivo, hai carreiras que conseguen reunir ata sete ou oito mil espectadores no noso paÃs.
Modernizando os vehÃculos
A grande afección que existe en Galicia está estreitamente relacionada coa tradición das carrilanas. "Hai tamén como quince federados que se dedican ás gravity bikes, pero o forte son as carrilanas", recoñece Barchetta. Para desenvolver un campionato a partir deste xoguete "miramos o que xa habÃa no paÃs, que era moi semellante en medidas e pesos ao que existÃa en Navarra e Euskadi, e fixemos un regulamento para todos, con categorÃas", completa. Para alén de regulamentos, desenvolvéronse toda unha serie de cuestións que pretenden facer das carreiras eventos o máis profesionais posible. Seguros, presenza de ambulancias no percorrido, horarios para adestrarse antes da carreira e mesmo sistemas de seguridade nos vehÃculos son cuestións que están á orde do dÃa. "O casco é obrigatorio, e ademais hai que ter barras antiemborcamento, levar o 95% do corpo cuberto e ir con cintos", completa este campión. "Estamos a traballar tamén para que as rodas vaian cubertas, que se protexan os ferros e as madeiras e que os vehÃculos teñan piso. Non queremos que haxa lesións e que isto vaia para adiante".
Resistencia tradicional
Esta modernización dos vehÃculos está a relegar a unha representación minoritaria as proposta máis tradicionais, construÃdas basicamente en madeira. "A xente busca facer unha carrilana que lle dure todo o ano, e unha tradicional require moito mantemento. Aos poucos, aÃnda que hai xente que se resiste, van poñendo rodamentos, que tamén son máis seguros, ou freos", explica Barchetta. "A todo o mundo lle gusta ter as súas raÃces, pero dentro do que cabe. É como se saes á estrada cun coche antigo, a seguridade non é a mesma". De calquera xeito, sinala que no campionato galego hai sete ou oito carrilanas das de toda a vida.
Custes
O custe desta afección varÃa moito segundo o sofisticado que sexa o aparello. Coma moitos outros elementos da cultura popular, non por ser parte da tradición deixaron de evolucionar estes vehÃculos, e ás rodas de madeira seguÃronlles as de rodamentos e mesmo aquelas con pneumáticos que se aproveitaban de bicicletas ou de motos. As propostas evolucionan aÃnda ata auténticos produtos de enxeñerÃa con melloras aerodinámicas, amortecemento ou freos de disco. Segundo como se queira un complicar o custo pode ir desde uns mil euros ata os oito mil dos deseños máis sofisticados.
Exemplo ou debate
Polo momento, o futuro deste deporte parece prometedor. "Vai a máis. Este ano xa quedaron once carreiras fóra, arredor do setenta por cento da xente reformou os seus vehÃculos ou fÃxoos novos. A nivel organizativo, estamos a facer un baremo de organización para priorizar no futuro as carreiras que estean mellor organizadas", lembra este organizador. Está por ver ata que punto se consegue popularizar este deporte, e se poden as carrilanas ser un exemplo para outros xogos tradicionais. ¿Veremos equipamentos de titanio para xogar á chave? ¿Bates regulamentarios para a billarda? ¿A Federación Galega de Chapas? AÃnda máis, pódese debater se é ese o futuro que queremos para os nosos deportes populares ou se, pola contra, consideramos que os campionatos e a modernización acaban coa súa esencia. Mentres, as rodas seguen a xirar pola costa abaixo.