É ben certo que non moven masas de espectadores coma o fútbol ou baloncesto, pero os xogos tradicionais galegos contan cun bo número de practicantes. Malia á evolución da sociedade que os viu nacer, estes entretementos mantéñense e, en certos casos, mesmo avanzan de cara a competicións regradas. Constantino Arce, responsable do estudo A realidade dos xogos e os deportes populares e tradicionais nos concellos galegos explÃcanos como vai a partida.
O pasado mes de febreiro, a ConsellarÃa de Cultura e Deporte presentaba o comezo dos traballos de elaboración do Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Populares e Tradicionais. A proposta tiña a intención de difundir estas actividades e revitalizar a súa práctica na sociedade. Como base para estas actuacións, a Dirección Xeral de Deporte encargou o desenvolvemento dun estudo previo para coñecer a situación real destas opcións de ocio. Constantino Arce, profesor de PsicoloxÃa Social e catedrático de PsicoloxÃa Matemática da Universidade de Santiago de Compostela, foi o responsable de coordinar esta proposta.
A situación
“A verdade é que logo de facer o estudo, somos máis optimistas que cando comezamos”, explica Arce. E é que a análise revelou que se están a practicar cunha certa presenza en todo o paÃs sesenta e catro deportes deste tipo. Ademais, “hai un grado de asociacionismo moi alto arredor deste tema, contamos 229 asociacións que tratan estas cuestións. Tamén vemos que hai un alto número de instalacións deportivas especÃficas, nada menos que 428 por toda Galicia, o que é un dato moi satisfactorio”, recoñece Arce. Para facer un estudo desta amplitude, o equipo que coordina este profesor púxose en contacto con todos os concellos galegos, especialmente cos departamentos dedicados á cultura e aos deportes. “A través dos técnicos deportivos de cada lugar conseguimos datos sobre todo o que tiña que ver cos xogos tradicionais. Agora temos datos de todo o paÃs, e demos desgregalos mesmo por comarcas”, explica.
Os xogos máis populares
Obviamente non todos os nosos antigos entretementos se conservan coa mesma saúde. O informe de Deporte recolle aqueles que están máis difundidos, unha lista que encabeza a aÃnda popular chave. “É o máis promovido, con máis asociacións e un maior número de voluntarios. Ademais é un entretemento xenuinamente galego, porque só existe aquà e en parte de Asturias, pero posiblemente pola nosa influenza”, lembra Arce. “Despois están os bolos, moi practicados e estendidos por todas as provincias en diferentes modalidades. Neste caso trátase dun xogo que está difundido universalmente. Os máis populares en Galicia son os chamados bolos celtas, pero hai moitas variantes”. A lista de máis practicados continúa coa carreira de sacos, a billarda, os zancos, o pano, a rá, o peón, o tiro de corda e mais o aro,
Cara aos campionatos
Que veñan dos nosos antepasados non é impedimento para que estas propostas evolúan e se adapten aos novos tempos. AsÃ, vemos propostas de facer destes xogos auténticos deportes de competicións, como é o caso da Liga Nacional de Billarda, dos campionatos de chave ou da integración das carreiras de carrilanas nos circuÃtos de deportes de inercia. “Dentro dos practicantes destes xogos, hai un grupo máis reducido que están interesados en avanzar da participación cara á competición. En concreto hai casos na chave ou nos bolos, que teñen competicións internacionais na zona do Val Miñor, con campionatos que contan con xente mesmo de Sudamérica. Noutros xogos non ten moito sentido esa competición”. Como se pode observar, dáse unha certa coincidencia entre os deportes máis practicados e aqueles que están a dar o paso cara á competición. Sempre se pode debater se é a súa ampla práctica o que dá nesa maior regulación ou se é a posibilidade de competir o que anima a máis xente a xogar.
Xogos peculiares
Fóra dos máis populares, existen entretementos menos coñecidos que se manteñen en espazos concretos da nosa xeografÃa. Segundo Arce, “hai xogos que están relacionados co antigo sistema de labranza. Na comarca de Narón, por exemplo, conservan algúns deste tipo, coma o arrastre con bois ou a carga de torada. Logo hai outros moi curiosos, coma o lanzamento de boina que se practica aÃnda en Melide ou, en Taboada, o lanzamento de Sacho. Posiblemente estivesen máis estendidos antes, pero na actualidade quedaron localizados a eses puntos”, explica Arce. Tamén a nosa equitación autóctona, a carreira de burros, está ben menos espallada do que estivo, con apenas algúns exemplos na Baixa Limia. “Hai outros que existiron en case todas as parroquias e que agora se conservan en puntos concretos espallados por toda a xeografÃa. É o caso do xogo da cucaña ou das carrilanas. que eran xogos moi habituais”.
A continuidade
De cara ao futuro, o movemento social que se está a dar arredor destas cuestións vai ser decisivo. “Hai un grande potencial humanos que turra, a miúdo de xeito anónimo, por estes xogos”, lembra este profesor. A mudanza de goberno na Xunta pon en dúbida en qué xeito se desenvolverá o previsto Plan Estratéxico centrado nestes deportes, ao tempo que os concellos tamén están chamados a cumprir un importante papel na popularización de iniciativas deste tipo. “A nivel municipal dedÃcase de media un 9% dos orzamentos deportivos a estas actividades, naqueles casos en que se dá un investimento estable. No entanto, houbo un concello que achega un 80% dos cartos de deportes aos nosos xogos tradicionais, e un 20% que vai para outras propostas”. Pode ser un exemplo a seguir.