José Domingo e Lola Lorente, premiados no Saló del Còmic de Barcelona

Levaron os galardóns a mellor obra e a autor revelación

Capa de <i>Aventuras de un oficinista japonés</i>
Capa de Aventuras de un oficinista japonés
Aventuras de un oficinista japonés, o traballo que José Domingo publicou en Bang! Ediciones a finais de 2011 alzouse co galardón á mellor obra de autor español no XXX Saló del Còmic de Barcelona, que fechaba onte as súas portas. Domingo obtén con este galardón un premio en metálico de 10.000 euros polo seu traballo. Canda a el, Lola Lorente, valenciana afincada desde hai anos na Coruña, foi escolleita polo xurado como gañadora na categoría de autor revelación pola súa obra Sangre de mi sangre, editada por Astiberri. O premio está dotado con 3.000 euros.

A BD galega obtivo, con estes resultados, dous dos cinco premios que o Saló entregou este ano a obras e autores estatais. David Rubín, que era tamén finalista á mellor obra polo primeiro volume de El héroe, a competir con José Domingo, non obtivo galardón.

A mudanza no sistema de premios a redución de categorías impide realizar comparacións cos resultados da BD galega en anos anteriores.