Ata hai catro anos, os veciños de Herbogo (Rois) mesmo dubidaban da existencia dun antigo poboado castrexo a 150 metros da actual aldea de Socastro, pero hoxe en dÃa traen a familiares e a amigos a visitalo. É o castro de Socastro, e escávao unha entidade independente, a Fundación Pro Patrimonio de Rois, nun modelo pouco habitual no rural galego no que a comunidade é a primeira destinataria do novo coñecemento que se crea a partir da exploración do antigo poboado.
Nina Alvela traballaba no concello de Rois no ámbito da catalogación patrimonial. Ante as dificultades económicas do concello para poder manter o amplo patrimonio inmóbel co que contan, constituise a Fundación Pro Patrimonio de Rois co obxectivo de poder obter maiores recursos económicos e ter máis axilidade na xestión. Trátase dunha fundación privada sen ánimo de lucro, desvinculada do goberno municipal, que non está no Patronato, e o seu funcionamento depende das achegas dos empresarios do concello de Rois e da habilidade para conquerir apoios económicos de departamentos autonómicos ou doutras entidades.
Un dos primeiros proxectos da Fundación foi o traballo co castro de Socastro, na parroquia de Herbogo. A comunidade de montes local vÃase afectada por unha forte sanción imposta pola Dirección Xeral de Patrimonio por mor dunha prantación forestal dentro da superficie do castro. Co coñecemento en lexislación da Fundación, os veciños puideron presentar alegaciósn e minimizar o impacto da multa, e a cambio cederon o castro á Fundación para a súa xestión e uso cultural.
Alà comezou o proxecto de posta en valor arqueolóxica.
Campamentos de verán
A través dun sistema dual, no que hai se combinan os campamentos de traballo de verán promovidos pola Dirección Xeral de Xuventude co voluntariado dos propios veciños de Rois, comezou o verán pasado unha primeira fase de catas co obxectivo de determinar o tempo e a relevancia do castro, baixo a dirección do arqueólogo Anxo Acuña. Na escavación participa moita xente diferente, e conta con programas didácticos para nenos. Todo iso combÃnase coa explicación in situ a todos os que se achegan a ver os traballos. “Os veciños son a nosa prioridade, sempre”, asegura Nina Alvela. Os nenos tamén teñen o seu espazo, en obradoiros infantÃs que se celebran polas tardes.
Na primeira campaña, o castro amosou evidencias de que a súa ocupación chegou ata a época romana. As catas revelaron que existe unha segunda muralla que revela “que o castro é moito máis grande do que nós pensabamos”, afirma Alvela. Nas catas apareceu cerámica de época castrexa e romana e algúns outros materiais, como escoria de fundición que fai pensar que, ao carón da zona excavada habÃa algún tipo de forno de fundición. Tamén apareceu un muÃño de man e un dos elementos máis curiosos que se ten atopado nun castro, un falo policromado.
Este verán haberá un novo campo de traballo en Socastro, no que se continuará coa exploración do xacemento. Segundo Nina, a nova campaña ampliará as catas existentes e centrarase en dous novos puntos, na zona da muralla na que se supón que está a porta do castro e en dúas elevacións que está no interior “un pouco raras”. No futuro inmediato está a intención de sinalizar o xacemento e as súas áreas e, como un proxecto a longo prazo, a construción dun centro de interpretación nas proximidades.

Nenos no castro
Foto: Fundación Pro Patrimonio de Rois
Foto: Fundación Pro Patrimonio de Rois
Foto: Fundación Pro Patrimonio de Rois