Comezan as obras do edificio que restaurará os fondos cinematográficos do Estado

O arquitecto galego Víctor López Cotelo é o encargado do proxecto

Hai tempo que se leva falando da creación dun Centro de Conservación e Restauración de Fondos Fílmicos que permita recuperar o material cinematográfica do Estado, con independencia do soporte no que se atope. De feito, foi en 1999 cando o arquitecto galego, Víctor López Cotelo, gañou un concurso de construcción do edificio. A falta de fondos adiou continuadamente o edificio ata hai unhas semanas, cando o Consello de Ministros deu luz verde ás obras que se executarán nun prazo de 30 meses. López Cotelo xa adecuou á normativa vixente o proxecto deste centro que estará situado en Pozuelo de Alarcón (Madrid).