Artistas de Ferrol e Terrassa participan nunha exposición conxunta

A mostra inaugúrase este venres no Carvalho Calero en Ferrol

Novas pontes é o título da exposición coa que artistas plásticos de Ferrol e de Terrassa organizan un intercambio cultural. Unha iniciativa que se inaugura este venres no centro Carvalho Calero e que viaxará ata o municipio catalán no 2010. En total 13 artistas participan neste intercambio organizado polos concellos de ambas localidades co obxectivo de difundir e promover a cultura e dos seus artistas.