A Cidade da Cultura non é o único complexo de ámbito cultural feito no mundo. Non hai outro con esa singularidade pero existen moitas outras iniciativas que, partindo dun proxecto de base cultural, serviron de motor de desenvolvemento económico e social. O congreso que comeza hoxe en Santiago pretende dalas a coñecer traendo a personalidades de sona internacional que foron actores e representantes desas propostas. Existen moitos lugares para a cultura.
“Quede por diante que este non é un congreso para definir os usos e os contidos da Cidade da Cultura”. Así de claro fala Xaime Subiela, membro do comité científico que trae ata Santiago xente que se encarga de dirixir, xestionar e modificar a cultura a ámbito internacional. Margarita Ledo, que tamén fai parte dese comité científico, puntualiza que é un foro “máis de debate, a partir de comparar a situación e a Cidade da Cultura con outras experiencias que son similares pero en absoluto semellantes”. Nalgúns casos naceron para dinamizar zonas que mudaran completamente de usos pasando de ser zonas industriais reconvertidas a espazos artísticos e culturais; ou para dar a coñecer cidade que estaban sen función e uso recoñecible. A cidade de Nancy en Francia ou as bibliotecas parques de Medellín son algúns dos aspectos que se abordarán neste congreso. O caso da Cidade da Cultura é diferente. “Aquí aparece nunha cidade como é Santiago que ten unha imaxe moi forte que non precisa atraer xente porque recibe un número importante de visitantes pero que pode aprender de coñecer outras experiencias coas que se poden artellar outros programas” explica Margarita Ledo. E isto é no fondo o que pretende “Lugares de Cultura”.
Lugares de reflexión
A cultura ten un valor tanto de creación de produtos (desde ben máis tanxibles como poden ser un edificio ou un libro) como de representación dos usos e costumes dunha identidade. Pero é preciso ir máis alá. “Estase a demandar unha cultura que poida traballar con outras, en rede onde se poida innovar e exhibir. E este é o sentido que teñen o papel das infraestruturas neste momento”. Por isto é necesario ter espazos físicos nos que desenvolver ideas, e proxectos, onde se organice o traballo que acabe pórse en rede. Non é casual que o congreso asente a súa estrutura en catro aspectos: nas ideas e proxectos que se alimentan da creatividade dunha sociedade (SOFT); que precisa dun espazo físico para desenvolverse (a arquitectura para a cultura); nun traballo que ha de ser organizado e, en cuarto lugar, que pode xestar redes de cooperación que enriquezan as experiencias.
Xaime Subiela matiza que “a este congreso non veñen as experiencias, senón que traemos as persoas que van falar desde a súa experiencia no marco desas iniciativas para incorporalos ao debate. Coñecer a súa experiencia práctica pero co obxectivo de que xurdan ideas novas”. Por iso, este congreso non está dirixido só á sociedade galega (con especial énfase ao seu tecido cultural), senón a todo o público vencellado ao ámbito cultural internacional. “Xente que teña que ver co mundo cultural a nivel internacional, e con especial fincapé no eido europeo e americano” puntualiza Subiela.
A creatividade como motor: a cultura pode cambiar o mundo
Ademais da idea da necesidade de facer unha posta en común, hai outra que planea de fondo en todo o congreso. Trátase da concepción da cultura como un importante motor de desenvolvemento social e económico. Para Margarita Ledo débese visualizar a cultura “como algo que vai mais alá do rendemento económico, que vai máis alá da diversidade cultural, tan de moda hoxe en día”; e que, ademais, non se debe pensar dun xeito reducionista das industrias culturais tradicionais. “Falamos da presenza do que se chama da cidadanía, entendida como grupos sociais de acción, de expresión e de persoas que fan parte do que ten que ser unha sociedade poidan entrar en contacto e decidirse a propia identidade” explica Ledo.
E esa cultura entendida como motor ten o seu impulso na creatividade. Comprendida como algo novo pero que tamén pasa polo proceso de transformación desa orixinalidade. “A creatividade para o desenvolvemento débese entender non só como unha cuestión de desenvolvemento económica, senón como todo o que unha persoa é capaz de crear e que está relacionado coa sustentabilidade ou coa habitabilidade”. E sobre isto xira este primeiro congreso. O primeiro dunha serie porque a medida que o proxecto cultural de Galicia medre, haberá outras necesidades e outras perspectivas que o congreso pretenderá abordar en futuras edicións.
Ademais, inmersos na voráxine dixitalizadora da sociedade da información, no traspaso de fronteiras, na virtualidade dos proxectos e das novas formas de representar a cultura, congresos coma este poñan en valor da importancia de ter espazos físicos nos que corporeizar as diferentes cultura. En todo caso, será o sábado cando se presente o documento das conclusións cos que se pretende sintizar estes tres días de relatorios, comunicacións e propostas.