A revista Estudos Migratorios analiza a presenza española e italiana en Arxentina

A Universidade de Santiago coedita co Consello da Cultura a publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A emigración española a Arxentina comezou a principios do século XIX, aínda que o seu período de apoxeo foi no primeiro terzo do século XX. Pero os galegos non estiveron sós na súa migración, senón que foron acompañados por numerosos italianos. De feito, os riopratenses chamaron “gallegos e tanos” aos dous colectivos maioritarios da inmigración arxentina desa época. Sobre esta realidade afonda o último número de Estudos Migratorios, a revista galega de análise das migracións que creou o Consello da Cultura Galega no 1992. Agora, a edición desa publicación vese reforzada coa incorporación da Universidade de Santiago como coeditora.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Museos de ida e volta

Museos de ida e volta

O Consello da Cultura propón a creación do Museo das Migracións na Cidade da Cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arxentina, Consello da Cultura Galega

Claves

Lugares