O primeiro convenio colectivo dos actores e actrices de Galicia, a construción da sede de Caixa Galicia en Ourense, exposicións de artistas de renome internacional, novas bolsas, a dixitalización do patrimonio de Castelao, novas publicacións
. Son algunhas iniciativas de ámbito privado que están anunciadas e con elas pechamos a serie das propostas para este ano 2009.
O ano comeza cunha vella reivindicación do teatro galego que está a piques de ser unha realidade: o convenio colectivo dos actores e actrices de Galicia. É por iso, que Escena Galega, entidade que agrupa a varias compañía profesionais, centrará o ano en difundir o documento. Celso Parada, presidente do colectivo, explicou que será un "fito para o teatro galego e, polo tanto, a nosa misión pasa por difundir os seus contidos e que se coñeza socialmente". Unha iniciativa que abre outras propostas de ámbito privado que están previstas para este ano. Moitas delas contan con sustento públicos para a súa elaboración, pero haberá que ver como se desenvolve a crise económica e ver se acaban por materializarse, se redimensionan ou simplemente desaparecen.
As fundacións
O 2009 será o ano no que a Fundación Caixa Galicia celebre dúas décadas de traballo. Malia que nos vindeiros días presentará o seu programa de actividades para este ano, fontes da entidade revelan que "aínda que mantemos as grandes liñas estratéxicas de actuación, si que haberá algúns cambios para adaptarnos a esta nova conxuntura, cambios que reafirmen a Fundación Caixa Galicia como o axente cultural privado máis importante do país, máis que nunca en momentos coma estes". Redefinición das bolsas da entidade (que o ano pasado creou a de primeira obra), máis actividade no eido da educación e da formación e reforzará a súa actividade cinematográfica.
No 2009 publicará o derradeiro tomo de Tempos de festa. Un traballo de investigación académica e científica do noso patrimonio cultural arredor do folclore tradicional. Ademais, remodelarán o Hotel Barcelona de Ourense, que servirá de acubillo da actividade desenvolvida na cidade. Mentres, continuará a rehabilitación do Teatro Cine Fraga en Vigo, que aspira a converterse, no 2010 "nun dos espazos culturais máis fértiles do Estado".
Continuará a súa colaboración coa Igrexa galega para o mantemento e a conservación do extraordinario patrimonio cultural das diferentes dioceses e arcebispados galegos. Unha liña na que tamén leva anos traballando a Fundación Barrié e que manterá este ano (entre outros proxectos, ata o 6 de marzo está aberta a convocatoria de proxectos de impacto social no ámbito da recuperación e difusión do patrimonio cultural de Galicia (histórico-artístico, industrial, natural, inmaterial... por importe de 500.000 euros). A entidade, a través das súas sedes na Coruña e Vigo ofrecerá unha actividade que continúa nas mesmas orientacións: exposicións, a convocatorias de bolsas (para bacharelato internacional e estudos de posgrado-doutoramento, mestrado ou posgrado).
Antes de final de año, toda a obra plástica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 - Bos Aires, 1950) estará en formato dixital. Así o anunciou o vicepresidente da fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas. O proxecto de dixitalización encargase exclusivamente do labor plástico Castelao . Debuxos, esquemas, bosquexos para cerámica ou cadros son algúns dos obxectos aos que lle afecta este proxecto.
As industrias culturais: dos produtos aos proxectos
En cada unha das industrias culturais tradicionais (música, literatura e audiovisual) hai dous campos de traballo. Dunha banda, os proxectos a nivel empresarial e, da outra, os produtos culturais concretos que se poderán ver, escoitar ou mercar este ano. Neste segundo aspecto cómpre lembrar que neste primeiro semestre do ano sairán algúns dos volumes gañadores dos premios literarios (como o Joan Carballeira gañado por Mario Regueira, ou o Caixanova de Poesía), traducións (a de Resistencia de Rosa Aneiros ao castelán, ou as conversións ao galego dos últimos traballos de Lessing ou Murjami), a de reedicións (a Enquisa Mundial sobre lingua e literatura galega de Xesús Alonso Montero) ou novas publicacións como Do ventre da cóbrega de Xavier Seoane. En canto a películas, o vindeiro 26 de xaneiro terá lugar a estrea da primeira longametraxes de Ángel de la Cruz Os mortos van á présa. No aspecto musical, Som do Galpóm acaba de encerrarse no estudo de gravación para sacar ao longo deste ano o seu novo traballo. Luar na lubre presentará Ao vivo, o seu primeiro disco en directo, mentres que Fuxan os ventos editará en CD-DVD Terra de sonos, o espectáculo gravado no Auditorio de Galicia no mes de outubro.
En canto aos proxectos estruturais do eido empresarial, destacan os calendarios de traballo dos clústers: o do produto gráfico e o do audiovisual. En ambas entidades (así como as correspondentes plataformas tecnolóxicas que sosteñen) destaca o seu interese pola internacionalización, por buscar máis mercados para os seus produtos. O do audiovisual estrearase no comité organizador do Salón Internacional da Tecnoloxía Audiovisual, Broadcast, que se celebrará no IFEMA de Madrid do 3 al 6 de novembro de 2009. Unha iniciativa que pecha unha serie de presenza no exterior (no European Film Market en Berlín, o Cartoon Movie, o MIP TV en Cannes en abril, o MIPCOM en Cannes en outubro, o Movilforum 2009 e a creación da marca Galicia Audiovisual).
Ademais, o CLAG ten previsto a creación dunha unidade de dinamización e intelixencia competitiva en explotación de contidos multimedia, así como a celebración de Foros Estratéxicos Sectoriais. Realizará estudos de audiencias e consultoría xurídica, así como a convocatoria dunha nova edición do pitching I+P, ideas para producir, un punto de encontro para creadores, produtores e distribuidores da industria audiovisual.
Outro clúster, o do Produto Gráfico, ten marcados os obxectivos para este ano en catro áreas: internacionalización, innovación, formación e notoriedade. Para este ano, preténdese fomentara relación entre as diferentes empresas integradas nesta alianza, mellorar o plan de comunicación e mercadotecnia, así como un maior posicionamento empresarial no conxunto do estado.