O Museo do Mar publica na rede 4.000 documentos gráficos do mundo mariñeiro

Finaliza o proxecto de recuperación documental A memoria do mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Plano xeral de gamelas guardesas

Plano xeral de gamelas guardesas

O Museo do Mar de Galicia presentou os resultados do proxecto de dixitalización de álbumes familiares de mariñeiros. A memoria do mar, que é o título deste proxecto, realizado en colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores, xuntou 4.000 imaxes procedentes de máis de 200 doantes en 25 localidades da costa. As imaxes foron dixitalizadas en alta resolución, etiquetadas e subidas, a baixa resolución, a un catálogo en liña que pode ser consultado.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Museo do Mar de Galicia

Claves

Conceptos