40 anos de Sargadelos

Xosé Díaz “A exposición pretende comunicarlle á sociedade galega que é o que se está a xogar na deriva actual de Sargadelos”

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

Fotografías, documentos, prototipos, obras… son as pezas que exhibe a Fundación Luís Seoane na mostra que abriu esta fin de semana. Con elas pódese contar a historia do Laboratorio de Formas, a xénese do actual grupo Sargadelos. Xosé Díaz, comisario da exposición da que hoxe presentamos unha achega, explica que serve para contar a historia do complexo cultural a partir do labor creativo desenvolvido por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo.

Seoane e Isaac
1/10
Complexo Sargadelos
2/10
Gaucho (Magdalena)
3/10
Isaac e Albalat
4/10
Isaac modelando
5/10
Museo Carlos Maside
6/10
Cela e Isaac
7/10
Seoane en Sargadelos
8/10
Seoane no Castro
9/10
Torre Isaac
10/10

A exposición



“A exposición pon en valor as ideas e o traballo de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane que fixeron á fronte do Laboratorio de Formas”. Así explica o comisario, Xosé Díaz, o contido desta mostra que non se centra nas pezas que exhibe, senón na historia do grupo. Por iso, a primeira parte explica as figuras dos dous creadores para pasar a contar o aspecto industrial (coa recuperación da fábrica de Sargadelos), o de arte e comunicación (con Edicións do Castro) ou o institucional (Seminario de Estudos Galegos, Seminario de Sargadelos, Instituto Galego da Información…).

O contexto



Ademais, Díaz explica que a exposición sirve de contextualización histórica do que supuxo Sargadelos e “comunicarlle á sociedade galega o que se está a xogar na deriva actual deste grupo no seu interese de apartar a Isaac Díaz Pardo e o Laboratorio de Formas”.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo, Laboratorio de Formas...