
A cultura é unha industria. As 3.565 empresas que están rexistradas a día de hoxe en Galicia evidencian que o sector cultural é unha realidade que a ter en conta. Hakan Casares, coordinador do Observatorio da Cultura Galega considera que é obvio que a cultura non só unha cuestión identitaria. As políticas culturais fan fincapé cada vez máis no aspecto económico. E un dos indicadores que amosan o valor económico da cultura ten que ver coa actividade empresarial, que é fácil de entender que xera riqueza, valor engadido e postos de traballo.
A evolución
A.2. Empresas por actividade principal en Galicia. Serie temporal | ||||||||||||
Actividades | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2006 | 2007 | |||||
Edición | 253 | 285 | 284 | 294 | 379 | 402 | 442 | |||||
Artes gráficas e actividades dos servicios relacionados con elas | 550 | 563 | 669 | 719 | 745 | 794 | 815 | |||||
reprodución de soportes gravados | 0 | 0 | 0 | 1 | 1 | 2 | 1 | |||||
Fabricación de aparellos de recepción, gravación e reprodución de son e imaxe | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 8 | 7 | |||||
Fabricación de instrumentos musicais | 16 | 16 | 20 | 20 | 21 | 26 | 29 | |||||
Actividades cinematográficas e de vídeo | 168 | 192 | 191 | 192 | 262 | 288 | 298 | |||||
Actividades de radio e televisión | 55 | 60 | 60 | 60 | 57 | 74 | 82 | |||||
Outras actividades artísticas e de espectáculos | 979 | 1.072 | 1.132 | 1.194 | 1.353 | 1.586 | 1727 | |||||
Actividades de axencias de noticias | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 1 | 3 | |||||
Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras institucións culturais | 116 | 128 | 114 | 124 | 128 | 151 | 161 | |||||
Total | 2138 | 2317 | 2471 | 2605 | 2948 | 3332 | 3565 | |||||
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais. |
As cifras que manexa o Observatorio da Cultura Galega revelan que cada ano aumenta o número de empresas que se dedican ao sector cultural. Hakan Casares puntualiza que a creación de sociedades no eido cultural segue un ritmo é superior ao ritmo de creación de sociedades no conxunto empresarial. O sector cultural medra máis rápido que o conxunto da economía e cada vez ocupa un espazo maior. En canto á evolución por tipo de entidades hai dúas industrias culturais básicas que espertan interese en Galicia, que son as que fan referencia ao sector da edición, as artes gráficas e o audiovisual. No conxunto destas actividades, apunta Casares, a evolución é positiva porque se crean máis empresas. Non só que se consolida, senón que tamén medra.
A existencia en Galicia de 3.565 empresas dedicadas ao sector da cultura constatan coa tónica constante do tecido empresarial galego no que predominan as pequenas e medianas empresas. Unha cousa interesante é que se organizan profesionalmente, apunta Hakan Casares, xa que é algo que permite organizar sinerxías, manter a súa identidade e obxectivos pero poder ser competitivos a grande escala.
As magnitudes económicas e a crise
A.13. Magnitudes económicas principais das empresas culturais por actividade. Ano 2003 | |||||||||||||||||
CNAE | número empresas analizadas (*) | Importe neto de Cifra de Negocios (miles de euros) | Gastos de persoal (miles de euros) | Outros gastos de explotación (miles de euros) | |||||||||||||
Edición | 93 | 198.141,66 | 61.073,52 | 58.529,17 | |||||||||||||
Artes gráficas e actividades dos servicios relacionados con elas | 279 | 131.866,21 | 34.719,42 | 18.267,42 | |||||||||||||
Reprodución de soportes gravados | 7 | 2.668,48 | 890,38 | 595,47 | |||||||||||||
Fabricación de aparellos de recepción, gravación e reprodución de son e imaxe | 2 | ||||||||||||||||
Fabricación de instrumentos musicais | 1 | ||||||||||||||||
Actividades cinematográficas e de vídeo | 95 | 54.547,59 | 15.093,61 | 13.606,61 | |||||||||||||
Actividades de radio e televisión | 43 | 49.531,63 | 37.118,55 | 34.518,49 | |||||||||||||
Outras actividades artísticas e de espectáculos | 113 | 24.192,65 | 6.036,42 | 10.059,71 | |||||||||||||
Actividades de axencias de noticias | 2 | ||||||||||||||||
Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras institucións culturais | 13 | 1.813,92 | 819,47 | 2.048,60 | |||||||||||||
Total | 648 | 466.323,48 | 157.289,75 | 138.529,05 | |||||||||||||
Fonte: Central de balances. Ano 2003 | |||||||||||||||||
NOTA: Os datos fan referencia á información contable de 648 sociedades. En ningún caso se poderán presentar como información exhaustiva dun determinado ámbito económico, nin poñer en relación ás macromagnitudes estimadas nas contas económicas |
As últimas cifras que evidencian magnitudes económicas das empresas culturais por actividade pertencen ao 2003, cando se deu a coñecer que o volume de negocio ascendería a 466 millóns de euros. Ademais, o sector da cultura supuña nese ano o 2.1% do PIB. Se temos en conta que no gráfico anterior se constataba un incremento dun maior número de unidades empresariais, levaría a pensar que as magnitudes económicas tamén medrarían. Sen embargo, ademais de ter ese dato, o escenario actual é ben diferente do 2003. Coa crise xa instalada na sociedade e a amezada da recesión económica, o coordinador do Observatorio apunta a complexidade de facer previsións con datos. En todo caso, para Hakan Casares dado que a evolución e as achegas ao PIB no eido cultural son cada vez maiores, que a crise vai estar moi centrada en sectores como a construción e a industria, o que se pode esperar é que este sector vai saír menos tocado nun escenario global de crise.
En todo caso, neste aspecto que atende ás magnitudes económicas e ao peso da cultura no Produto Interior Bruto do país, o coordinador do Observatorio bota en falta máis datos. Se temos en conta que as políticas culturais están cada vez máis orientadas a cuestións de tipo económico, ¿como podemos marcar obxectivos se non temos unha delimitación clara? pregúntase. Na súa opinión hai dous indicadores claves: un deles ten que ver co total do emprego cultural por sectores e outro sería o peso do sector no conxunto da economía en termos de PIB. Isto se solucionaría cunha conta satélite, que non requiriría moito esforzo e que permitiría fixar obxectivos concretos como pasar, por exemplo, do 2% ao 3% do PIB en cinco anos apunta.
As actividades preferentes da cultura
A.1. Empresas por actividade principal en Galicia por provincias. Ano 2007 | |||||||||||
Actividades | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | Total | ||||||
Edición | 218 | 29 | 26 | 169 | 442 | ||||||
Artes gráficas e actividades dos servicios relacionados con elas | 364 | 71 | 60 | 320 | 815 | ||||||
reprodución de soportes gravados | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 | ||||||
Fabricación de aparellos de recepción, gravación e reprodución de son e imaxe | 2 | 1 | 1 | 3 | 7 | ||||||
Fabricación de instrumentos musicais | 14 | 5 | 2 | 8 | 29 | ||||||
Actividades cinematográficas e de vídeo | 170 | 11 | 22 | 95 | 298 | ||||||
Actividades de radio e televisión | 43 | 8 | 7 | 24 | 82 | ||||||
Outras actividades artísticas e de espectáculos | 853 | 169 | 144 | 561 | 1.727 | ||||||
Actividades de axencias de noticias | 1 | 1 | 0 | 1 | 3 | ||||||
Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras institucións culturais | 89 | 14 | 11 | 47 | 161 | ||||||
Total | 1754 | 309 | 274 | 1228 | 3565 | ||||||
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais. |
Como tamén acontece noutras actividades profesionais, A Coruña e Pontevedra son as provincias que concentran o maior número de empresas. Precisamente nos lugares nos que as industrias da edición e o audiovisual teñen un maior protagonismo.
Neste gráfico destaca o avultado número que agocha outras actividades. Segundo Hakan Casares os que estudamos a realidade cultural temos un problema no ámbito empresarial, concretamente na clasificación de actividade económicas e ocupacións. Malia que apunta que están a ser revisadas para o ámbito da cultura, con moita menos tradición no que atende ao estudo estatístico, polo momento ofrecen desviacións como esta. En todo caso, o coordinador do Observatorio apunta que é unha especie de caixón de xastre que inclúe compañías de teatro, orquestras, actividades que organicen espectáculos.... En todo caso, Casares destaca o lado positivo deste aspecto que quere dicir que crea moito tecido empresarial. Algo evidente é que hai unha tendencia á diversificación na produción de servizos e bens culturais, senón que tamén se estea a innovar dentro deste epígrafe, que crea actividades novas que non existen.
A creación de emprego
C.1. Emprego cultural en Galicia, España e a Unión Europea, 2001-2007 | |||||||||
2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | ||
Valores absolutos (En miles) | |||||||||
UE | 2.779,2 | 4.940,3 | |||||||
España | 397,6 | 433,5 | 440,4 | 456,3 | 499,5 | 514,2 | 544 | 556,6 | |
Galicia | 16,9 | 20,1 | 18,1 | 17,7 | 21,3 | 25,1 | 26,3 | 23,3 | |
En porcentaxe do total de emprego | |||||||||
UE | 1,5 | 2,4 | |||||||
España | 2,6 | 2,7 | 2,7 | 2,6 | 2,8 | 2,7 | 2,8 | 2,7 | |
Galicia | 1,7 | 2 | 1,8 | 1,7 | 2 | 2,3 | 2,3 | 1,9 | |
Fonte:Instituto Nacional de Estadística. Encuesta de Población Activa. | |||||||||
Segundo trimestre de cada ano. EUROSTAT, EU Labour Force Survey, 2005 |
O único indicador negativo para a industria da cultura para pola creación de emprego. A tendencia positiva á alza que vai desde o ano 2000 ao 2006, sen embargo no 2007 constata un descenso. Non podemos saber moi ben se se debe a reaxustes no sector ou a outros aspectos, en todo caso, o aumento da actividade empresarial e a diminución puntual do emprego son cuestións que poden convivir. Para Hakan Casares, evitar a destrución de emprego é unha das cuestións prioritarias tendo en conta o escenario que se nos aveciña.