O Centro Social Caixanova de Vigo acolle ás sete e medio desta tarde a última das mesas redondas do ciclo co que o Consello da Cultura Galega celebra o seu vinte e cinco aniversario. Desta volta, o eixe do encontro será o de Patrimonio. Memoria e identidade, e contará coa moderación de Iago Seara e a presenza de Felipe Criado, María Victoria Carballo-Calero, Anxo Fernández Ocampo e Manolo Vilar. Os protagonistas da mesa adiántannos qué temas pensan tratar.
Segundo explica o arquitecto Iago Seara, moderador da mesa, un tema global que se quere abordar é que o patrimonio ten sempre unha mesma base. É un legado que herdas e que debes conservar e transmitir ás novas xeracións. E iso debe revisarse. Neste momento de globalización retórnase ao patrimonio coma resistencia social, cultural, histórica ou artística para rearmarse e seguir traballando as cuestións vitais, explica. Nese sentido, vou tentar levar a mesa pola liña de que hoxe en día está a se potenciar moito o valor histórico mesmo fronte ao artístico. Os edificios e as estruturas urbanas hai que velas desde esta actitude, cunha sensibilidade ampliada sobre a memoria histórica. Entón hai que ver tamén que función ten este patrimonio ou como se debe conservar. E despois o que xurda, claro. Alén de moderar, Seara achegará a súa visión sobre o patrimonio arquitectónico urbano, sobre o territorio construído coma construción, completa.
María Victoria Carballo-Calero: É preocupante que se poñan nas cidades monumentos que teñen unha explicación difícil
Por unha banda está a cuestión do patrimonio moble artístico, no estilo de cadros, mobles ou retablos, explica Seara. Para tratar este ámbito, o encontro conta coa presenza de María Victoria Carballo-Calero, catedrática de Historia da Arte pola Universidade de Vigo e membro da Real Academia de Belas Artes que abrirá o debate sobre os problemas da escultura pública.
Felipe Criado
Desde a Arqueoloxía do territorio falará Felipe Criado sobre o territorio coma estrutura cultural humanizada, explica Seara. Criado o Coordinador da Ára de Humanidades e Ciencias Sociais do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, e traballa no Laboratorio de Patrimonio , Paleoambiente e Paisaxe do Centro Superior de Investigacións Científicas.
Anxo Fernández Ocampo: Co patrimonio inmaterial calquera persoa é produtora de patrimonio ademais de consumidora
Un dos temas quentes sobre cultura inmaterial é como se inventaria e como se conserva. Se a sociedade muda é moi difícil mantelos. Nese aspecto contamos cun profesor da Universidade de Vigo, Anxo Fernández Ocampo. Esta doutor en Tradución da Universidade de Vigo centra a súa investigación nos sistemas culturais populares, a tradución da literatura oral e a análise antropolóxica das prácticas de escrita.
Manolo Vilar: O patrimonio ten que valer para a sociedade que o creou
No patrimonio etnográfico, e a cultura vencellada ao popular, hai elementos que se van perdendo e se teñen que musealizar. E nese sentido o Museo do Pobo é líder neste sentido, e desde esta institución ven Manolo Vilar, que substitúe a Carlos García Martínez, que non pode acudir.