Hai uns dÃas Francisco Vázquez salÃa á palestra para reclamarlle ó Exectutivo galego máis cartos para a Orquestra Sinfónica. Unha formación que cumple dez anos de existencia con dous concertos extraordinarios para públicos ben diferente. O primeiro deses concerto será estes sábado e está pensado para os amantes da música. A seguinte cita será o dÃa 10 e Victor Pablo, o seu director, compartirá batuta con Emilio Aragón nun concerto pensado para os máis novos.
Celebracións
O décimo aniversario da Orquestra Sinfónica de Galicia acóllese con moita normalidade e cun compromiso claro de seguir fieles ás súas citas. De feito seguirá coa súa temporada de abono, formará parte do Festival Mozart que se celebrará na cidade herculina asà como as súas xiras previstas para o estranxeiro. Pero dentro desta apretada axenda a Orquestra fará un oco (exactamente dous) para celebrar que leva unha década facendo boa música en Galicia. E a primeira destas citas é este sábado no Pazo da Ópera da Coruña cun concerto extraordinario que contará coa presencia do contralto Felicity Palmer e o Orfeón Donostiarra. O programa: o "Canto del destino" e a "Rapsodia para contralto" de Brahms e "Te Deum" de Bruckner. E o segundo oco que fará na súa programación está pensado para os máis novos, nese afán de diversificar e achegar a música a todos os públicos que sempre caracterizou a esta formación. E ese concerto, que se celebrará o dÃa 10, contará cun programa moi especial. Trátase dun concerto infantil con temas de Poulenc, Montes, Orff e pequenas pezas da banda sonora de pelÃculas de Disney. Un concerto onde a batuta estará disputada entre Emilio Aragón e o propio director da Sinfónica VÃctor Pablo.
Pasado
A Orquestra Sinfónica de Galicia é unha formación nova pero non novata. Con tan só dez anos ás súas costas goza dun curriculum deses que asombran e sorprenden a expertos e afeccionados á música clásica.
Desde que se inaugurou en 1992, a formación conta con máis de media ducia de proxectos artÃsticos en marcha, entre os que figuran o coro sinfónico, a Orquestra de Cámara, a Orquesta moza, a Escola de Práctica Orquestral e os Nenos Cantores da OSG. Un ascenso imparable e inimaxinable que ninguén puido imaxinar que en tan pouco tempo acadarÃa unha consolidación tan prematura. Pero isto foi, sobre todo, porque os seus inicios foron bastante traumáticos, non só pola calidade dos que compoñen todo o "conxunto sinfónico", senón por parte da súa dirección. De feito os eque encabezaron o proxecto, o maestro Sabas Calvillo e o xerente Juan Bosco Gutiérrez tiveron enfrontamentos profesionais que deu paso a Enrique Rojas que chegou desde a Sinfónica de Tenerife e a VÃctor Pablo Pérez, que era naquel entón titular do conxunto canario.
A súa presencia pública, no ciclo de concertos, no Festival Mozart que comezará en breve, e nos programas escolares a Sinfónica de Galicia atende ás demandas musicais dos máis variados grupos. De feito, tanto é asà que segundo os datos facilitados no último informe da Sociedade General de Autores, é a principal formación galega á hora de recaudar cartos en taquilla (segundo as mesmas fontes no 2001 foi, logo da UTA Weyard, un dos concertos máis taquilleiros), sen embargo a caixa que fai no Pazo do Congresos coruñés, no que ten fixada a súa "residencia", é insuficiente para financiar e soster esta formación. E é tan bo o nivel acadado, as loubanzas e os méritos que recaba por parte de expertos musicais que o alcalde da Coruña, Francisco Vázquez demanda máis apoios e colaboracións por parte de todas as institucións.
Futuro
Daquel binomio Enrique Rojas - VÃctor Pablo que tantos éxitos lle deu á formación, que está considerada como o a terceira mellor de todo o conxunto do Estado Español, chégase a unha situación actual na que a formación está a recoller os froitos sembrados durante anos de duro traballo. Sen embargo, preséntalle un futuro incierto, porque o seu director que sempre exerceu de brúxula e guÃa e levou á formación por sendeiros novidosos (un dos impulsores de que a Sinf´nica se abra ás figuras especializadas no repertorio antigo, co que trouxeron a figuras como Ton Koopman, Fabio Biondi ou Paul McCreesh) ten múltiples ofrecementos (desde A Sinfónica de Aragón e do novo Teatro da Ópera de Zaragoza).