Un grupo de profesionais debateron en Vigo a necesidade de deseñar políticas no medio mariño

O proxecto fai parte dunha das iniciativas de biodiversidade que desenvolve a Rede Ospar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai tres meses que o Parque Nacional das Illas Atlánticas fai parte de Ospar, o organismo formado por quince países da fachada atlántica para protexer o medio mariño. No marco desa alianza que non ten carácter executivo (é dicir, as súas decisións non se converten en leis vinculantes) desenvolveuse unha xuntanza en Galicia no campo da biodiversidade. Os cincuenta expertos deses países que participaron no encontro abordaron a necesidade de crear unha cartografía dos fondos mariños, é dicir, unha serie de mapas con información didáctica e formativa dos distintos hábitats e ecosistemas protexidos. Os resultados dese encontro enviaranse á Comisión Ospar que llos remitirá á Comisión Europea.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Comisión Europea, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)