Comezaron sendo lugares de depósito, de exhibición pasiva para ir desempeñando cada vez máis servizos de estudo, participación e interacción co público. Pero no noso país hai case tantos centros de interpretación ou ecomuseos como museos ou coleccións visitables e, ata o de agora, non existía ningún texto legal que os contemplase a todos. Por iso, o anteproxecto da lei de museos que presentou Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, no Parlamento chega como auga de maio.
O ordenamento xurídico actual resultaba insuficiente. Hai oito artigos no capítulo V na lei de Patrimonio Cultural de Galicia de 1995 así como un decreto que regulaba o sistema público de museos de 1986 que se limitaban a definir os museos e a enumerar algunhas funcións. Pero quedaba fóra o 44.82% dos centros deste tipo que hai en Galicia, ademais de que as cousas cambiaron moito desde entón. Creáronse novas entidades, os museos abriron a investigación ao público e necesitaba un novo marco xurídico que artellase esas estruturas e os coordinase. María José Fernández, secretaria do Consello Galego de Museos considera que este documento recolle as demandas de hai moitos anos e as liñas mestras e supón unha base legal para mellorar a estrutura, funcionamento e xestión para impoñer racionalidade e unidade de criterio nun sector moi invertebrado pola natureza, xestión e titularidade e porque non todos están recoñecidos como museos con efectos legais.
O anteproxecto que presentou Ánxela Bugallo no Parlamento define, nun primeiro lugar cales son as tres funcións primordiais dos museos: a documentación e investigación, a conservación e restauración, e a difusión e comunicación. En todo caso, inicia agora o seu trámite parlamentario e haberá que ver os cambios e modificacións que sufre neste proceso.
As novidades
O anteproxecto da lei contempla museos, coleccións visitables e, por primeira vez, outros centros de carácter museístico. Integra deste xeito a 65 entidades que anteriormente non estaban contemplados polo marco legal. Ademais, alude á creación do Sistema de Museos de Galicia como a estrutura que permite coordinar con a xestión cultural e científica destes centros. María José Fernández destaca especialmente este aspecto ao considerar que o principal feito é a regulación e esa definición necesaria para poder acadar un grado de coherencia na conservación, difusión e investigación do patrimonio nos museos. E vai máis alá ao dicir que se cumpre cunha vella reivindicación dos museos que apuntaban a necesidade de homologar un sistema de xestión dos fondos patrimoniais, pero non só desde o punto de vista técnico e administrativo ademais de coordinar un panorama que é fundamental para a conservación, investigación e difusión da cultura galega. Nos museos contense o patrimonio cultural de Galicia e do pobo galego e, con esta ferramenta legal contarase cuns criterios homologables de tratamento e de difusión deste patrimonio para evitar dispersar esforzos e recursos en iniciativas inconexas e moitas veces redundantes, apunta María José Fernández.
Para coordinar todos estes centros créase un Sistema Galego de Museos que contará cun órgano reitor, outros asesores e consultivos (Consello da Cultura Galega e Consello Galego de Museos) ademais como todos os centros que figuren no Rexistro de Museos. Este sistema contará cunha Comisión Nacional Técnica de Museos, entidade administrativa, que pretende representar os diferentes saberes e coñecementos implicados na xestión museolóxica, segundo explica o propio documento.
Outras medidas concretas
A creación dun museo hase de facer por Decreto do Consello da Xunta a proposta da Consellaría de Cultura e han de ter, entre outras medidas, un plan director, un espazo físico, un horario de visita e consulta, unha colección de bens suficientes e fondos accesibles par a investigación e dispor dun plan anual de actividades.
O anteproxecto contempla que as condicións mínimas de visita pública aos museos será de trinta horas semanais distribuídas polo menos en cinco días, sendo para as coleccións visitables de doce horas semanais distribuídas polo menos en tres días. A entrada nos centros autonómicos da Xunta será gratuíta, canto menos, dous días á semana. Nos outros, deberá ser aprobado polo órgano reitor do Sistema de Museos de Galicia. Pero ademais, prevé sancións para os centros que incumpran as súas obrigas, tanto de xestión, como de funcionamento ou incumprimento de horario.
Ademais, artellaranse diferentes redes de museos atendendo a criterios de titularidade, contido temático, discurso museolóxico e ámbito territorial, respondendo deste xeito, a necesidade reclamada polo sector de crear redes eficaces e vertebradas de centros que permitan ao público ter un maior coñecemento do patrimonio cultural galego.