Desde este sábado o teatro afeccionado estará máis unido que nunca. E que é nesta data cando se fará pública a Federación Galega de Grupos de Teatro Afeccionado (FEGATEA). Unha agrupación que xorde co obxectivo de crear unha entidade que sirva de fÃo de unión dos grupos de teatro afeccionado e promover o intercambio de experiencias entre eles. Unha xornada na que ademais se celebrarán dúas conferencias sobre o panorama do teatro afeccionado. E mentres as compañÃas afeccionadas ó teatro se unen, a compañÃa "Nove dous" continúa un ano máis na dirección da Escola municipal de teatro que cumple tres anos.
O nacemento dunha Federación esperada
Este sábado o salón de actos do Consello da Cultura Galega acollerá a presentación de FEGATEA, a Federación Galega de Grupos de Teatro Afeccionado que logo de varios intentos acaba de consituÃrse como entidade. Neste acto haberá dúas conferencias que pretenden trazar un perfil sobre o nivel e o panorama do teatro afeccionado en Galicia. Dúas conferencias que correrán a cargo de Manuel Vieites e do presidente da Confederacións Estatal de Teatro Afeccionado (C.ET.A.).
Nesta xornada pretendese, a maiores, dar a coñecer os requisitos para formar parte desta Federación e anunciar a celebración dunha asemblea xeral (que ten previso celebrarse no primeiro trimestre do ano).
Pertencer a FEGATEA implica non ser unha entidade lucrativa, ser unha asociación legalmente constituÃda e pagar unha cota de entrda e a anual (ambas as súas de 60 euros, unhas 10.000 pesetas).
Desde que en 1999 o grupo Metátese de Palas de Rei (Lugo) decidise asumir a iniciativa dunha asociación que aglutinase as manifestacións de teatro afeccionado que estaban agromando en diferentes partes de Galicia, choveu moito ata que a Federación se constituÃra como unha realidade. Este sábado os sete integrantes de FEGATEA (Metátese, Ditea, O Trasno Novo Teatro, AurÃn, Atrezzo, o Grupo da Asociación de Mulleres de Moaña e Escoitade) darán a coñecer o manifesto conformante, os obxectivos cos que nacen e as fórmulas para formar parte desta Federacións.
Desde o capÃtulo primeiro dos seus estatutos establecen que pretenden "interrelacionar os grupos de teatro afeccionados no senso máis amplo. promover o intercambio de experiencias, o debate colectivo e defender os seus propios intereses". Por este mesmo motivo, os seus obxectivos básicos pretendne organizar cursos e intercambios con outros grupos, regulacións de actuacións dentrodos circuitos culturais, dispoñer un seguro de responsabilidade civil e a creación dunha revista que recolla as novidades.
Escola de teatro
A Escola Municipal de Teatro do Carballiño leva xa tres anos en acción. Un tempo no que a compañÃa teatral "Nove Dous" se marcou como obxectivo que os "futuros" teatreiros venzan as súas timideces para saÃr a escea. A escola leva batendo records de participación desde a súa posta en marcha. De feito dos 14 alumnos do seu primeiro ano ata os 57 actuais, o número de participantes non só medrou, senón que ademais se diversificou. De feito, o abano de idades dos alumnos desta escola van dos 5 ós 57 anos (dos que 30 son adultos e 21 son nenos). A continuidade dalgúns dos alumnos, e feito de que leven xa un tempo traballando na arte escénica obrigou a que desde a dirección da empresa se decantasen por abrir novos coñecementos e perfeccionar as súas técnicas.
A compañÃa "Nove Dous" non dirixe só esta escola do Carballiño, senón que ademais ofrecen clases en Monterroso, Antas de Ulla e Ourense.