Teatro de Morcego leva a escea a maior superproducción privada galega

Compañías a escea

Neste mes de decembro o teatro está de noraboa. Se a semana pasada falabamos da existencia e da implantación de escolas de representación teatral, agora a noticia está noutra evento da dramaturxia. Se aquelas escolas eran de iniciativa pública hoxe falamos da iniciativa privada. E poñémoslle nome, concretamente o dunha obra de Castelao "Os vellos non deben de namorarse", que a compañía Teatro do Morcego pretende converter na gran superproducción do teatro privado. Ademais, o teatro ten en Vigo unha cita estable, logo de que o concello decidise crear unha programación fixa que implicase ós colectivos e asociacións socioculturais da cidade.

Os vellos chega a Santiago


Oitenta anos despois da visita de Castelao a París para ver o Teatro do Morcego, que inspiraría a súa coñecida obra "Os vellos non deben de namorarse", a canguesa compañía "Teatro do Morcego" pretende recuperar de xeito fidedigno súa versión máis fiel. Deste xeito, pretende converter a súa nova obra na máis grande e fiel versión da obra de Castelao así como a principal e a grande superproducción do teatro privado galego.
Esta obra é a gran depositaria das esperanzas e da ilusión da compañía de Cangas desde que en 1989 se botase a andar esta compañía. Un total de trece actores e actrices e dous técnicos, o grupo que dirixe Celso Parada pretende recuperar a esencia daquel orixinal "Teatro do Morcego" de Nikita Balieff. que era unha mostra de artistas rusos e un libro de bailes de Rusia.
Para recrear todo o ambiente e o espírito da obra de Castelao do xeito máis fidedigno posible, a compañía prestou especial atención á expresión pictórica e plástica da obra de Castelao. Aínda que a estrea foi hai un mes en Narón a obra, pretende percorrer numerosos escenarios por toda Galicia. O martes e o mércores chegará a Compostela, onde se poderá ver, en sesión das 22:00 hras, no Teatro Principal a que, ata hoxe é a súperproducción máis cara do teatro galego.

Estables en Vigo


O Concello de Vigo pretende crear unha progarmación estable de teatro na cidade. Pero un ciclo que estea formado por grupos da propia localidade e que, ademais, se represente en diferentes salóns culturais vigueses. E isto foi o que pretendeu conseguir co programa "Vigo a escea" que cun presuposto de dez millóns de pesetas pretende que nove locais de asociacións culturais e veciñais, unido ó propio auditorio municipal consigan representar as súas obras. O programa pretende substituír ou darlle continuidade a aquel "Outono teatral" e pretende que a súa programación teña un carácter estable con continuidade no tempo. Algunhas das compañías que forman parte do programa son pequenas agrupacións locais que tiñan graves apuros económicos para sosterse. Entre as formacións que ofrecerán as súas montaxes destacan: Máscara Produccións eArtello-Teatro alla scala 1:5.