Desde esta mañá os responsables do filme "O agasallo de Silvia" esperan atopar a "actriz nova, que non sexa coñecida e que dea un aire de frescura á pelÃcula". Un filme que se comezará a rodar en maio na Coruña, onde se atopa Lorelei Produccións, unha das catro productoras encargadas do proxecto que dirixirá Dionisio Pérez. E xunto a este novo traballo do audiovisual galego, destaca tamén a caravana do Festival de cine "Olladas do planeta", o festival Internacional de Cine sobre as MinorÃas, que logo de se presentar en Ferrol fai hoxe recalada en Compostela. Unha presentación que deixará como carta de visita a proxección do documental "Camiñanes", que obtivo o galardón de Mellor Documental na Semana de Cine de Valladolid.
Un agasallo para a Coruña
A partires do 20 de maio de 2002 comezará a rodaxe do último traballo audiovisual galego. Un último traballo dun medio que se estructura e o primeiro dun director que se inicia, Dionisio Pérez Galindo.
A historia narra como se suicida unha adolescente de 17 anos que, ten previsto doar os seus órganos. As súas córneas recibiraas Inés; o seu corazón, Carlos e o seu fÃgado , Mateo.
"O agasallo de Silvia" está producido por Lorelei Produccións (da Coruña), El Medano (Madrid), Imval (Bilbao) e Calatambo Producciones (Chile). Un proxecto que ademais conta co apoio e as subvencións do Institudo da CinematrografÃa e das Artes Audiovisuais (o ICAA dependente do Ministerio de Cultura) e Ibermedia, ademais do apoio económico da TVG. Uns apoios que se traducen nunha contÃa de 170 millóns de pesetas, que é a cantidade coa que se vai a poder realizar este proxecto.
A rodaxe que comezará no mes de maio na Coruña, onde estarán unhas sete semanas. Logo, o equipo trasladarase ata Bilbao onde se desenvolverá o resto do metraxe. A estrea está prevista que teña lugar a inicios do 2003.
Mentres hoxe se está buscar a Inés, os outros protagonistas do relato, interpretaranos Bárbara Goenaga (Silvia), VÃctor Clavijo (Mateo ) e LuÃs Tosar (Carlos).
As minorÃas, de cine, en Pontevedra
Hoxe chega a Compostela a caravana de presentación do "Festival Internacional de cine sobre as minorÃas. As olladas do Planeta", que se celebrará en Pontevedra do 15 ó 20 de xaneiro de 2002. Logo de presentar o certame en Ferrol, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá as novidades deste festival que pretende apostar pola difusión de creacións de diversas culturas, poñendo o énfase nos valores artÃsticos, culturais e sociais de diferentes etnias e pobos do mundo. Ademais, da presentación do evento, desde a propia organización exhiben como carta de presentación, a proxección do documental "Camiñantes" que narra a marcha zapatista que tivo lugar en México o febreiro pasado e que se exhibÃu na Seminci de Valladolid. A caravana continuará mañá en Lugto a súa rolda de presentacións por toda Galicia.
Estas olladas sobre o mundo do cine, distribúese en diferentes partes.
En primeiro lugar destaca o "Programa cinematográfico" . Aquà haberá longametraxes e curtametraxes dividas en tres seccións: Galeuzca (que pretende ofrecer un espacio de encontro entre Galicia, Euzkadi e Catalunya); A outra europa (un percorrido pola Europa dos Pobos); e a sección Máis aló de Hollywood (que pretende ofrecer o cinema das pequenas industrias). Dentro das proxeccións de cine tamén están os documentais, con tres seccións: A Galicia Documentada, Pobos da Cor da Terra e Fisterra (unha selección de documentais de carácter medioambiental).
En segundo lugar, haberá conferencias e debates con diferentes temas (O Futuro audiovisual en Galicia, Cinema en linguas minoritarias, Cinema e dereitos humanos: o caso arxentino, o cinema de autor ante a globalización cultural.
En terceiro lugar, completa o programa unha exposición fotográfica (sobre os "Irmáns Barreiros); un programa cultural de conexión do cine con outras artes (que chama, Desaqueloutrados), e Cinem@ción, un porgrama de carácter solidari e participativo ó redor do cine e do sector audiovisual.