Chega á fin a expectación. Despois de meses de agarda, mañá comeza na Cidade das Burgas a VI Edición do Festival d eCinve Independente de Ourense. Unha edición que nos trae novidades interesantes, coma a proxección das primeiras imaxes de "O lapis do carpinteiro" e a presencia en competición, por primeira vez, dunha longametraxe galega, "Blanca Madison". E mentres comezan uns certames, chégannos noticias de premios, coma o obtido polo ferrolán Luis Paadín en Sitges.
Uns minutos do lapis
As primeiras imaxes da película "O lapis do carpinteiro", baseada na novela homónima de Manolo Rivas e dirixida por Antón Reixa, poderán verse no marco do Festival de Cine Independente de Ourense.
Trátase dunha montaxe de arredor de dez minutos con material xa filmado no que se intercalan planos da rodaxe, e é a primeira vez que premitirá ver un anaco do film que está a producir Portozás Visión.
Outra grande novidade do festival é a proxección dentro do concurso do filme galego "Blanca Madison". Trátase dunha longametraxe dirixida polo coruñés Carlos Amil que ten a honra de ser a primeira película do noso país que participa nesta sección.
Estrelas
Entre os famosos que se achegarán á Cidade das Burgas durante esta semana atópanse actorese coma Manuel Manquiña, Javier Albalá, Lola Dueñas ou Daniel Guzmán, coñecidos polos seus traballos en diferentes películas e series de televisión. Ademais tamén estarán presentes Antón Reixa, Gonzalo Tapia ou Miguel Ángel Vivas.
Desde mañá e ata o nove de novembro poderán verse máis de once longametraxes e trinta e oito curtas a concurso de vinteunha nacionalidades diferentes.
Uns concursan, outros gañan
E mentres falamos de filmes a concurso, temos que traer á actualidade o premio que obtivo no último festival de Sitges o ferrolán Luis Paadín coa súa curtametraxe "53". A historia dun home que fai miniaturas de casas para despois vendelas ós seus donos valeulle a este novo director o premio ó mellor guión de curtametraxe.
"53" foi un filme realizado na Facultade de Audiovisuais de Barcelona onde estudia Paadín e contou cun orzamento de cento vintecinco mil pesetas. A rodaxe durou somentes catro días e fíxose enteiramente en video dixital.