Teatro por doquier. As representacións escénicas enchen estes días os teatros, casas da cultura e salóns de actos de numerosos concellos galegos. Empezamos a nosa xira por As Pontes que celebra unha semana de festividade teatral. De aí imos a Ortigueira que acollerá a peza "Rexurdimento. Coplas de cego". No noso percorrido faremos recalada en Ponteceso que comeza o sábado o ciclo de teatro para achegarmonos ata Ourense que terá a representación dunhas cartas de amor a cargo da compañía "Lagarta, lagarta". E rematamos a nosa xira con outra xira, a que a partires do domingo comezará o Centro Dramático Galego con "Rosalía" a súa última producción.
Os ciclos
Ponteceso e As Pontes celebran estes días a súa representación teatral. Comezamos con Ponteceso, onde o sábado noite o encargado de animar o ambiente será o Grupo Mérito Dramático Avintense, que chega do municipio co que está irmandado Ponteceso. Seguirá o ciclo o día 24, os baises de Badius coa súa obra "Unha de romanos". Pechan este miniciclo os ceenses Talía Teatro con "Menos lobos" o 1 de decembro ás 6 da tarde e que está especialmente adicada ó público infantil.
Pola súa banda, nas Pontes o grupo local Amigos do Teatro serán os encargados de dar o pistoletazo de saída á mostra. A súa obra titúlase "Pauto do demo" e adapta a coñecida obra de Ánxel Fole. Así, ata o día 25 pasarán pola Casa Dopeso de As Pontes numerosas formacións e agrupacións teatrais. Obras entre as que destaca "Menciñeiro a paus" de Molière.
Por último, rematamos o repaso polos ciclos indo ata Boiro, onde se celebra unha mostra de teatro escolar. Unha mostra que inicia Sarabela Teatro co "Romance de Micomicón e Adhelala" á que lle seguirán "Un conto vello volto a contar" a cargo do grupo de títeres "Cascanueces". Un ciclo que rematará o venres con "A tirita do Teatro" que poñerá en escena "Cóntocho".
Representacións e cursos
Aínda que un pouco tardía comezou a temporada escolar da Aula de Teatro da Universidade da Coruña. E fíxoo onte, coa selección do persoal que formará parte do grupo durante este curso. No auditorio da Universidade coruñesa estaban unicamente Benito Cañada e Ivonne Ruiz, que serán os encargados de escoller as representacións durante este ano. Para seleccionar ós membros escolleron un texto de "O príncipe e o mendigo", un texto con características libres que permitisen ós participantes amosar e expresar emocións e sentimentos enriba do escenario.
E se seguimos o noso periplo por Ourense, onde a compañía "Lagarta, lagarta" representará o 15 e o 16 de novembre no Teatro Principal a mostra "Castas de amor". Unha representación que pretende amosar a relación entre un home ben situado, unha muller moi sentimental e afectiva e un asunto de cartas.
E desde Santiago
Este domingo o Centro Dramático Galego remata coa representación en Santiago de "Rosalía", a súa última montaxe. E desde entón comezará unha xira irá pola Estrada (24 e 25) e Viveiro (28 e 29) en novembro. En decembro continúa o seu percorrido por Pontevedra (6 e 7) , Cariño (9e 10), Ribadeo (12 e 13), Vigo (20 e 21) e O Barco (28 e 29). En Xaneiro a comitiva chegará a Viana do Castelo (4 e 5), Narón (10, 11 e 12), Ourense (16, 17 e 18) e A Coruña (do 22 ó 26) onde remata o percorrido.