Entre 3.606.072,63 e 4.808.096,84 euros (600 e 800 millóns de pesetas) custará o novo proxecto de Continental Producciones "O soño da razón". A productora que dirixe Pancho Casal pretende levar ás pantallas (de cine e de televisión) en diferentes formatos a historia do Marqués de Sargadelos. Un proxecto que, de conseguir os apoios financeiros posibles, baterá dous retos. O primeiro: o de converterse no primeiro proxecto histórico desenvolvido en Galicia. E o segundo: ser a producción audiovisual máis cara e ambiciosa desenvolvida ata o momento no panorama audiovisual galego.
Sorpresas e nomes coñecidos
"O Soño da razón é ou pode ser" segundo o seu productor, Pancho Casal, "o gran proxecto do audiovisual galego". Cun presuposto que ronda dos 3.600 ós 4.800 millóns euros convertirase no primeiro proxecto histórico que se desenvolve en Galicia. E para iso conta cun reparto destacado. Á falta de coñecero nome do actor que encarnará afigura do Marqués de Sargadelos, contará cun actor español de prestixio internacional que non se quixo precisar. Pero o que si se apuntou foi o nome do director, Xavier Villaverde e do equipo asesor deste proxecto. Por unha banda está Alfredo Conde ( que acaba de publicar "Azul Cobalto. Historia posible do Marqués de Sargadelos"), e dentro do equipo de documentación histórica figura Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro e Issac Díaz Pardo.
Un proxecto moi ambicioso que leva por título un dos "caprichos" de Goya, a quen coñeceu personalmente Antonio Ybáñez, Marqués de Sargadelos.
Formatos e financiamento
Esta producción ten previsto un doble formato. Por unha banda unha longametraxe de 100 minutos e unha miniserie de dous capítulos cunha duración de 90 minutos. E para poder levar adiante este proxecto os promotores pretenden acadar entre o 40 e o 45 por cento do financiamento das televisións privadas e outro porcentaxe similar do mercado internacional, especialmente das grandes productoras estadounidenses.
Unha contía moi elevada que convertirá a "O soño da Razón" no proxecto máis custoso do sector audiovisual galego.
Sobre o Marqués
Agora Pancho Casal cunha idea audiovisual, antes Afredo Conde cun libro; a historia do Marqués de Sargadelos resulta moi atractiva a todos os niveles. Antonio Ybáñez foi un figaldo de orixe humilde e un modelo de home que pretendeu facerse asi mesmo contribuíndo coa súa visión tan aberta á evolución da historia máis recente de Galicia.
Ybáñez foi o promotor dunha fundación na localidade de Sargelos (municipio lucense de Cervo) e que foi creador da primeira fábrica con traballadores asalariados en Galicia. Un feito moi rupturista e innovador que desembocou nun verdadeiro conflicto cos estamentos inmobilistas deste momento.