O CGAI e a Filmoteca Española restauran xuntos "La casa de la Troya"

Versión Orixinal (Recuperada)

Din sempre que o filme nunca é mellor que unha novela. Sen embargo, hai exepcións. E unha delas podería ser a película "La Casa de la Troya" que continuou o éxito que tivo a novela do mesmo nome e que foi dirixida en 1925 por Pérez Lugín. Este clásico español do cine mudo acaba de ser recuperado en moi bo estado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (GGAI) gracias ós seus últimos propietarios. E o centro, en colaboración coa Filmoteca Española dedicíu restaurar este filme que recrea os anos que Pérez Lugín pasou en Santiago de Compostela mentres estudiaba dereito.

Unha restauración modélica


Alejandro Pérez Lugín (1870-1926) gardou unha copia do filme "La Casa de la Troya" ata a súa morte. Un filme orixinal en 13 rolos que quedou fora do circuito comercial e círculos de exhibición. E así, nestas inmellorables condicións foi entregada polos seus últimos propietarios ó Centro Galego de Artes da Imaxe. Unhas características que determinan que cando se leve a cabo o proceso de restauración, en colaboración coa Filmoteca Española, o resultado será modélico.
Gracias a esta restauración poderase ver un dos grandes clásicos do cine mudo español que foi un éxito de público e que tivo grandes premios. O proxecto comezou a xestarse en 1921, pero a falta de promotores e inversores non o fixo posible ata catro anos despois. Foi nese momento, cando gracias ó apoio económico dun empresario asturiano (Antonio Moriyón) se levou a cabo o que naquel momento se convertíu como o proxecto máis caro do cine español.
Unha proxección que contou cun reparto de excepción: Luis Peña encarnando a Gerardo Roquer; Carmen Viance na personaxe de Carmiña Castro coa que ascendeu ó máis alto do podium cinematográfico.


E todo empezou cunha novela


Con "La Casa de la Troya" Alejandro Pérez Lugín pretendeu recuperar ou recrear os seus anos de estudiante en Santiago de Compostela, cando cursaba a carreira de Dereito. Uns anos que quedaron inmortalizados cun libro, cunha película e cun edificio, a mítica "La casa de La Troya" que servíu de escenario cinematográfico e de pousada do seu autor. Pero non só Santiago aparece na obra, senón os arredoraes de Santiago. A comarca de As Mariñas, os seus pazos e todas as circunstancias que marcaron o devalar do propio protagonistas. Con esta obra, Pérez Lugín contribuíu ó xénero da estudiantina, que estaba moi en boga naquel momento.
Pero o éxito desta obra trascendeu as nosas fronteiras; chegando a provocar versións cinematográficas (IN Gay Madrid- R, Z, Leonard, 1930) e tres versións máis co mesmo título.

As restauracións do CGAI

O Centro Galego de Artes da Imaxe leva desde a súa constitución traballando na recuperación de filmes clásicos (e non tanto) para recuperar parte do patrimonio que está a piques de desaparecer para sempre. Entre os seus últimos proxectos están títulos como "Bandera Negra" (Amando de Ossorio, 1956) e se están dando os últimos retoques a "La tragedia dle Xirobio", realizada en 1930 por José Signo.