A Escola de Teatro de Narón configúrase como centro permanente

Estables e inestables

Hai dez anos que en Narón se creou unha pequena Escola de Teatro. Un centro que pretendía servir de acubillo de todos as iniciativas teatrais e que desen como froito un espectáculo ó ano. Hoxe, co paso do tempo e o nivel acadado polos mesmos actores que formaron o xermolo deste centro, preténdese converter nunha compañía permanente con nivel case profesional. E se falamos de profesionalización de pequenas iniciativas afeccionadas temos que trasladarnos ata Cambre, onde se acaba de adiar o Festival de Teatro afeccionado ata o vindeiro ano. E para abrir bocado, o goberno programou unha semana teatral que continuará ata o 29 de decembro.

A profesionalización de Narón


Cando no 1991 o Padroado de Cultura do Concello ferrolán montou a Escola de Teatro, pensou nesta organización como un proxecto a longo prazo. E de feito así foi, en dez anos as cousas melloraron bastante neste pequeno centro. Unha década despois o número de alumnos mellorou ata superar a centena (agora mesmo ronda os 130), continúan co seu proxecto de facer unha representación pública ó ano e continúan mellorando de nivel. De feito logo de tantas prácticas acadaron un nivel case profesional. Un cometido polo que desde o propio Padroado decidiron que era o momento de modificar a característica desta escola. Así, apuntaron a necesidade de que se creara unha compañía estable de teatro afeccionado cun alto nivel (case profesionalizado). Era o primeiro paso dentro dun proxecto que planifica a creación dunha grande escola teatral reglada pola LOXSE. Esta iniciativa supón converterse nun centro oficial para a divulgación da práctica científica. Nesta dirección, desde o propio Padroado do concello de Narón, estanse a analizar e a estudiar outros modelos que poderían ser mimetizados por este centro. Entre eles destaca o modelo asturiano, o que consideran máis viable, polos seus requisitos e disciplinas. Así, teñen xa concertada unha xuntanza para o vindeiro mes de febreiro cos responsables teatrais asturianos.
Mentres tanto, o grupo de treatro ferrolán está preparando xa o seu vindeiro proxecto que é o da vindeira representación.

E o Festival de Cambre, para o ano que vén


O Festival de Teatro Afeccionado de Cambre non vai a ser posible este ano. Logo dos múltiples retrasos na súa convocatoria, prevista inicialmente para setembro, o concello decidíu deixalo para o ano que vén. De momento o que si organizaron os dous entes responsables, o Concello de Cambre e o grupo O Bosque dediciron facer un ensaio xeral para tantear a resposta da poboación ante un evento destas características. E esa proba para ver a aceptación do público para o Festival do ano que vén, ten lugar ata o vindeiro día 29 de decembro nunha mostra. Un evento que comezou o sábado pasado e ten o seguinte programa: o día 15 de decembro da man do grupo Muradana, de Anceis, representarase "Farsa plautina". Unha adaptación de Agustín Magán sobre textos de Plauto.
A seguinte cita incluída dentro desta mostra será o 22 de decembro. Data na que se interpretará "Arte" de Yasmina Reza, adaptada por Alberte Domínguez e traducida por Eva Lagote e Belén González. E pecha o ciclo o grupo teatral organizador, O Bosque, coa obra que da título á propia compañía "O Bosque animado". E isto será nunha data que está aínda por concretar.