Cineuropa remata en Compostela e Vigo acolle un ciclo de cine

Docudrama

Co 30 de novembro remata un dos festivais máis antigos de toda Galicia, o compostelán Cineuropa. Un festival que mañá poñerá punto e final cun broche de excepción: xa que o esperado maratón se convirte nun monográfico a un director. Comeza a serie o laureado Stanley Kubrick. E Cineuropa vaise deixando como gañador do público, ó documental "Os nenos de Rusia" de Jaime Camino. E se un remata, hai outro que comeza. É ciclo de cinema que a entidade financeira Caixanova organiza en Vigo sobre a emigración. Catro filmes que do 3 ó 12 de decembro amosarán historias de vida reais.

Sorpresas de cine


Todas as miradas estaban postas na película sorpresa. O ano pasado a organización do festival sorprendeu coa dura "Dancer in the dark", dunha aplaudida Bjork da man de Lans Von Trier. Este ano, raras foron as quinielas que acertaron. As 22:15 da noite o cinematógrafo comezou a proxectar Late Night Shopping (ou sexa, 24 horas), na que tres mozos e unha moza desempeñan traballos que lles obrigan a vivir de noite e durmir de día. Cada noite, antes de entrar a traballar, reúnense nun café, que abre as 24 horas, para flar do seu traballo, das súas frustracións e da necesidade de cambiar de traballo e atopar unha vida mellor.
Polo demais, houbo máis novidades dentro deste certame que xa leva 16 edicións en carteleira. Foi o caso de que este ano a habitual maratón, que desde este ano se converte nunha ollada á producción habitual. Comeza esta novidade o finado director Stanley Kubrick onde botarán a andar "La Naranja Mecánica", "Barry Lyndon", "La Chaqueta Metálica", "El Resplandor", "Lolita" e "2001 Una Odisea en el espacio".
Polo demais, o festival tamén deixa outras noticias. En primeiro lugar o gañador do galardón do público que se levou un millón de pesetas. Este ano foi o documental de Jaime Camino, "Los niños de Rusia", un filme político, duro e dramático que foi das últimas incorporacións á programación. Unha cinta que se trouxo desde a Seminci de Valladolid, onde tivo moi boa aceptación da crítica e do público.
Polo demais, os datos de participación do público afianzan, cada día máis, este certame. De feito este ano incrementouse nun 15 por cento o número de asistentes, o que se deixou notar nas abondosas colas e protestas polo sistema de venda de entradas.


E o que comeza


Desde o luns día 3 e ata o 12 de decembro, o Centro Cultural Caixanova acolle o ciclo de cinema "A emigración: novas cidades". Unha mostra que pretende achegar historias de vida de situacións e fenómenos reais para dar conta da emigración.
O ciclo comeza coa producción "Luna extranjera" do chinés Zhang Zeming, que narra a histoira dunha estudiante que chega a Londres.
O martes día 4 seguea proxección con "La ciudad" de David Riker, que se basea en catro historias reais que recolle a situación dos traballadores hispanos en Nova York. Desde entón, prodúcese un salto no tempo, que se retoma o día 11 con "Código desconocido", unha película do alemán Michael Haneke e interpretada por Juliette Binoche. O día seguinte, o 12, péchase o ciclo con "The last Resort", do polaco Pawel Pawlikowski", un documentalista da BBC.