O traballo do escultor vai moito para alén da concepción e da execución material dunha peza de arte. Canda á creación pura, hai todo un camiño de elaboración, instalación e atención a abondosas cuestións técnicas que achegan en boa medida a escultura a un proceso industrial. Visitamos a Acisclo Manzano durante a instalación da grande obra de aceiro que fixo en memoria dos profesores universitarios represaliados en 1936. Neste contido multimedia especial, o autor explÃcanos os procesos que quedan detrás da arte.
Fotos: LucÃa Cases / Universidade de Santiago coas achegas de Manuel Gago
Segundo nos recoñece Acisclo Manzano, o traballo da escultura é en certo xeito unha obra colectiva. Antes dunha inauguración, hai moitos pasos que dar. O proceso comeza pola concepción da obra, os bosquexos e a elaboración de modelos a escala, no caso de ser unha obra de grande tamaño. Pero canda a estas cuestións artÃsticas toda unha serie de detalle coma a elección de material, os cálculos para comprobar a estabilidade da escultura, os amaños para ver a súa integración co contorno ou mesmo cuestións de cimentación, drenado ou axardinado que achegan esta arte á enxeñarÃa ou a arquitectura.
Deste xeito, facer unha escultura é tamén cuestión de soldar, botar cemento, cortar ou empregar guindastres. Para coñecer algo mellor este proceso, achegámonos ata o Campus Sur da Universidade de Compostela. Alà estiveron a instalar nas últimas semanas unha obra de Manzano coa que a Institución Académica quere homenaxear aos profesores represaliados polo franquismo. Alà ollamos como foi xurdindo a arte nun espazo baleiro, entre parafusos, ferro e cemento.
¿Queres incluÃr este contido na túa páxina? Copia o seguinte código: