Unha fronteira é o confín dun Estado, un límite, un taboleiro fortificado con barrotes que serve para conter un espazo.... pero é moito máis, todo aquelo que lle suxire a cada un de nós. Sobre este concepto estiveron traballando un grupo de dez artistas recluídos no reconstruído cuartel militar da pontevedresa Illa de San Simón e nunha pequena aldea rural do centro de Portugal. Agora, unha vez rematado o traballo, chega o momento de exhibilo. Comeza a parte expositiva do I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares
Dúas residencias artísticas paralelas de varios días, conferencias, performances audiovisuais en directo e proxeccións cinematográficas... son só algúns apuntamentos dun amplo proxecto que puxeron en marcha Alg-a e Binaural, dúas plataformas artísticas contracorrente que desenvolven o seu traballo en Galicia e Portugal.
A orixe
Explica Roi Fernández, un dos membros do colectivo Alg-a, que a xénese comparte a mesma base do noso colectivo. É dicir, dar entrada a coa xente relacionada coa creación independentes. O proxecto foi agromando aos poucos, de cada un dos proxectos que a rede creativa Alg-a estaba a desenvolver e que, como o propio Roi di pasou a un nivel máis físico. Pero todo isto foi posible grazas a que Alg-a atopou en Portugal a Binaural, a súa alma xemelga. Binaural é unha entidade que organizaba desde hai moito tempo programas de residencia en Biseu, unha pequena aldea rural no centro de Portugal. A través dos nosos traballos estivemos en contacto e xurdiu a idea de crear un vínculo galego-portugués de colaboración, no que é o eido da da arte e creación máis independente, á marxe das relacións institucional e museísticas explica Roi. O resultado foron dúas residencias paralelas cuxo resultado fose parte dunha mostra que itineraría por Galicia e Portugal.
Este membro de Alg-a explica que para as residencias fixemos unha convocatoria común con varios condicionantes. Buscabamos múltiples lecturas posibles para o concepto de fronteira e límite, focalizando a análise non só na fronteira física, senón tamén sobre a súa representación en fronteiras ideolóxicas, culturais, psicolóxicas, virtuais, etc. E o resultado non se fixo esperar, recibiron propostas de diferentes puntos dio mundo, desde Israel, Arxentina, Estados Unidos... e levaron a cabo unha escolma de proxectos ata quedarse con dez.
As fronteiras persoais
Do lado galego, é dicir, dos que estiveron reunidos na illa de San Simón, resultan especialmente destacados os proxectos de Carlos Suárez , Richard Lerman e Azul Martina Blaseotto. O primeiro (galego de nacemento, venezolano de adopción) e traballou durante a súa estadía na morte como fronteira. O seu proxecto recupera os son das campás e estudou os toques de morto que se executaban nas aldeas da fronteira ourensá con Portugal. O americano Richard Lerman, que ten traballado na fronteira entre México e Estados Unidos, achégase esta vez ás conversas de radio entre África e España. Un pouco diferente resulta Ardente Árbol Xenealóxico, un proxecto da artista arxentina Azul Martina Blaseootto que toma o eucalipto como metáfora social para reflexionar sobre os efectos do modelo hexemónico actual de produción de riqueza.
Na residencia portuguesa, o israelí Vered Dros desenvolveu Souvenirs, no que pon a unha comerciante irsaelí que só fala en hebreo a vender souvenirs de Nodar (lugar da residencia artística). O seu desexo, segundo explica no dosier ofrecido pola organización no meu traballo pretendo levar as persoas da rexión de Nodar a que se cuestionen e experimenten o medo de perder a súa tradición e a vontade e a necesidade de perservala. Canda el, o portugués António Pedro pretende partir da reflexion sobre as fronteiras persoas, as que ten un mesmo.
O programa
Como resultado do traballo desenvolvido nas residencias, elaborarase unha mostra que se inaugura o vindeiro dous de outubro na Sala X da Facultade de Belas Artes e na Casa das Campás en Pontevedra para pasar o 20 de novembro a Portugal .
Para abrir boca, tanto hoxe como mañá, a Casa das Campás en Pontevedra acollerá a as conferencias de Pedro Jiménez, Isabel Valverde, Mona Higuchi, Bojana Bauer, Ibrahima Niang e Xavier Fernández. Canda elas, haberá diferentes performances e proxeccións cinematográficas que completan o programa total deste primeiro encontro. Unha forma de aunar o traballo nos eidos das artes dixitais /multimedia e unha pesquisa artística sobre o contorno e a vida.