"Blanca Madison" primeiro filme galego a competición no Festival de Ourense

Estrea 3 de novembro

A menos dun mes de que comece un dos festivais de cine máis consolidados en Galicia, o Festival de Cine Independente de Ourense, comeza a coñecerse o cartel. E dentro das seccións habituais aparece "Blanca Madison", a longametraxe de Carlos Amil, e que participará na sección oficial a competición do certame. Unha participación dun certame que chega con máis categorías, premios máis elevados e que encherá Ourense de Cine do 3 ó 9 de novembro.

Filmes a competición


A película que protagonizan Rosa María Sardá, Javier Albalá, Pilar Punzano e Mario Gas, "Blanca Madison", convertirase na primeira longametraxe galega que competirá dentro do Festival Independente de Cine de Ourense. O filme conta coa axuda da Consellería de Cultura e a colaboración da Televisión de Galicia e foi producido por Vici Produccións.
Na sección oficial a competición estarán ademais, dúas produccións españolas. Son "Nómadas" de Gonzalo López-Gallego e "Cactus" de Pau Freixas, dúas óperas primas que chegan por primeira vez a un certame internacional.
O resto do cartel está formado pola eslovena "Sweet Dreams" de Saso Podgorsek; "Protection" de Bruce Spangler. Tamén formará parte do cartel dúas produccións alemanas "The Days Between" e "Zoom"; a arxentina "Herencia"; a holandesa "Wild Mussels" e dúas coproduccións: "Little Senegal" que é franco-alemana e "South West Nine", británico-irlandesa.
Esta é a principal categoría que aumenta a súa dotación e que contará coa habitual calpurnia.

Novidades


A sexta edición do certame conta con algunhas modificacións con respecto ó sistema establecido nos últimos anos. No que respecta ás sección temos que aparecen dúas categorías novas: mellor actriz e mellor actor. Aumentan as contías das xa existentes: Gran Premio Calpurnia, Calpurnia do Público á mellor película e Calpurnia do xurado ó mellor novo director europeo. Polo demais, a restrospectiva sobre un autor substitúese pola exhibición dunha filmografía cun ciclo de proxeccións específico. Polo demais as sección internacional unifícase coa do Eixo Atlántico polo qu todas as proxeccións poderán concorrer a todos os premios


Orzamento


A partida presuopostaria para esta sexta edición do certame é máis elevada que en anteriores edicións. Un total de corenta millóns de pesetas permitirán levar adiante este Festival Internacional de Cine que se consolida ano tras ano. O reparto deste orzamento faise do seguinte xeito: vinte polo Concello de Ourense, dez pola deputación, oito pola Xunta. Os dous millóns restantes chegan da Dirección Xeral para a Educación e cultura da Comisión Europea. Unha axuda de dous millóns e medio de pesetas que se concede pola "seriedade e orxinalidade" do proxecto presentado pola organización do festival. Neste sentido cómpre inidicar que o Festival de Cine de Ourense forma parte da "Coordinadora Europea de Festivai de Cine G.E.I.E." con sé en Bruxelas desde 1999.