As principais compañÃas teatrais inician a súa nova temporada diseminadas por toda Galicia. Como os cisnes, que emiten o seu canto máis fermoso camiño da morte, as produccións teatrais convirten en fortaleza a súa situación agónica da economÃa escénica galega. Unha febleza que se repite por igual nos principais grupos teatrais (Chévere, Matarile, Sarabela, Teatro do Noroeste). Todos menos un: o Centro Dramático Galego que recupera na súa última montaxe "RosalÃa", un dos textos dramáticos máis importantes da interpretación galega de Otero Pedrayo. E todo, no mesmo momento no que a Sociedad General de Autores colaborará coa Universidade coruñesa na creación dunha Escola de Estudios Teatrais e Audiovisuais.
Os primeiros
Os primeiros en aparecer en escea son os máis emblemáticos, Chévere, que subirá ás taboas da Sala Nasa esta noite ás dez, para poñer en marcha "O Navegante"; un viaxe a xeito de astronauta umbilical. A seguinte representación terá lugar fóra de Compostela, no Centro Cultural As Pontes, a cargo de Sarabela Teatro coa súa obra "Sexismunda". Da man da outra das salas independentes de Compostela, a Galán, que este o próximo mércores acollerá a última presentación de Matarile teatro. É "A brazo partido" onde seis actores rozarán a fronteira entre a realidade e a ficción durante case dúas horas. A cita terá lugar o dÃa 24 ás dez. E un dÃa máis tarde, o xoves 25, o Auditorio Torrente Ballester do Ferrol acollerá ó Teatro do Noroeste coa súa "Alta comedia".
Por último, temos que este venres, o Centro Dramático Galego acollerá a presentaci´n e estrea no Salón Teatro de "RosalÃa", a súa última montaxe inspirada e baseada nun texto de Otero Pedrayo.
Os estudios
E mentres se fala de crise económica dentro do panorama escénico. O teatro vive un dos seus momentos de máximo esplendor no que atinxe ás escolas e programas formativos. De feito, este ano impartese por primeira vez na Universidade da Coruña os estudios de pedagoxÃa teatral, que tiveron unha grande demanda (o número de alumnos preinscritos foi moi superior ó número de prazas ofertadas). E todo esto completa a formación do Máster en Estudios Teatrais e Cinematográficos da Universidade coruñesa que se presentou onte na cidade herculina. Unha presentación que se aproveitou a súa visita para anunciar o compromiso da SGAE a colaborar coa creación a medio praz dunha escolade esudios teatrais, cinematográficos e audiovisuais. Unha escola que poderÃa ter o seu emprazamento no edificio multiusos do municipio de Oleiros.
E o Salón
Por último, xa que falamos de teatro en Galicia non podemos deixar de falar dos últimos acontecementos que teñen lugar no Salón do Libro Teatral que se celebra estes dÃas en Madrid. Un evento no que houbo unha delegación galega liderada polo Centro de Documentación do IGAEM que dirixe Mar Nogueira. Unha presencia que serviu para poñer de manifesto as actuaións en labor de recuperación, conservación e difusión do patrinomio galego que realiza est departamento. Ademais, durante o transcurso deste salón aproveitarase para presentar mañá xoves 18 a revsta "Bulubú", adicada ós tÃteres e que editan de xeito conxunto o IGAEM e a Sala de TÃteres Santyago.