A rodaxe da longametraxe para televisión "Entre bateas" que ocupou estes dÃas destacados espacios nos medios de comunicación galegos vén de rematar. A pelÃcula de Jorge Coira realizada por Costa Oeste conta coa participación dalgúns dos máis coñecidos actores galegos. E mentres unha rodaxe remata, chégannos noticias doutro traballo que está en marcha. A productor LugoPress leva xa varias semanas de xira por Galicia gravando unha serie documental de trece episodios sobre pedras relacionadas con lendas ou rituais.
Abandonar a bateas
Despois de catro semanas de intenso traballo na que o tempo non sempre acompañou, onte finalizou a rodaxe de "Entre bateas", unha longametraxe para televisión dirixida por Jorge Coira e realizada pola productora Costa Oeste.
O filme narra o conflicto que se dá na rÃa de Arousa entre os antigos contrabadistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto conductor de planeadoras e de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ó tráfico de drogas. A relación de Mario coa súa muller, que o abandona farta do seu oficio de contrabadista de tabaco e os conflictos entre as redes de narcotraficantes completan unha trama que, a pesar da súa relación coa actualidade, non está baseada en feitos reais.
Ademais da dirección de Jorge Coira, a producción conta coa participación de actores tan coñecidos coma Miguel de Lira, o Currás de "Mareas Vivas", Nekane Fernández, de "Platos Combinados", Pepo Suevos ou Xosé Manuel Oliveira "Pico".
Está previsto que para o vindeiro ano se poida ver o filme nas diferentes televisións autonómicas do Estado.
Pedras con historia
Onte foi Pontevedra. En dÃas anteriores foron Campolameiro, Cotobade ou Ponte Caldelas. Falta aÃnda unha boa parte de Galicia e outro tanto xa foi percorrido. A productora Lugo Press está a cubrir Galicia enteira coa rodaxe dunha serie documental de trece episodios sobre pedras que teñan asociada algunha lenda ou ritual.
José de Cora, o responsable da producción, sinala que aÃnda non existe un tÃtulo definitivo para a serie, e que éste poderÃa ser tanto "Pedra Vitalis" coma "Pedra EspÃritus", e que a producción estará rematada na próxima primavera e poderÃa comezar a emitirse a finais do vindeiro ano por algunha cadea de carácter estatal.
A serie recollerá ata cento trinta pedras diferentes que van desde petroglifos a obras romanas ou santuarios cristiáns e que sempre contan cunha lenda sobre a súa creación ou teñen unha aplicación máxica coma a de curar determinados males ou favorecer a fecundidade.
AsÃ, na cidade de Pontevedra, onde se desenvolveu onte a rodaxe, recolléronse as supostas propiedades fertilizantes que tiña o mármore das esculturas da Igrexa da Peregrina.