A Nave de Servicios ArtÃsticos, a sala alternativa máis veterá de compostela, poderÃa botar o peche ou tentar o traslado a outra cidade de non mellorar os seus resultados económicos. Os encargados da NASA remitiron hai un mes un informe ó Concello no que se amosa que a axuda pública a esta e ás outras salas independentes de compostela diminuÃu nun 85% nos últimos cinco anos a pesar de que estas salas supoñen o 40% da oferta escénica da cidade.
Unha aventura
Foi en 1992 cando os membros do grupo de teatro Chévere decidiron comezar a aventura e poñer en marcha a primeira sala independente de teatro de Compostela. A NASA nacÃa como un espacio para a oferta escénica alternativa. Teatro, concertos, performances e actuacións e todo tipo darÃanse cita na nave, convertÃndoa pouco a pouco nun referente ineludible para a cultura alternativa de toda Galicia.
Desde entón foron aparecendo diferentes iniciativas coma o programa infantil "Asteroide B-612" , que inclúe arredor dunha ducia de espectáculos cada ano, ou o Festival Alternativa, organizado en colaboración coa Sala Galán e que trae anualmente á cidade a grupos de vangarda de carácter internacional.
A importancia da alternativa
Dous anos depois da nasa, en 1994, a compañÃa Matarile puña en marcha a Sala Galán, e en 1999 TÃteres Cachirulo establecÃase na sala Sant-Iago. Con estas incorportacións Compostela convertiuse na terceira cidade do estado en número de salas alternativas.
A actividade destas salas, segundo o informe da NASA abrangue o 40% da oferta escénica da cidade, aÃnda que as instalacións de que dispoñen só cubren o 10% das prazas da cidade. AsÃ, a nasa ofrece unhas 135 funcións cada tempada, acollendo un 15.000 espectadores ó ano.
Este mesmo informe sinala que a NASA viu aumentado o seu aforo nun 27% durante os dous últimos anos, sen que iso permitise eliminar o déficit económico da sala.
Os recursos da NASA proveñen nun 22% de subvencións alleas, maioritariamente do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), con colaboracións do Ministerio da Cultura, o Concello de Santiago ou o Consello da Cultura Galega. Mentres, existe un 70% de recursos propios da sala e un déficit dun 8% durante o último ano.
A NASA e o concello
As dificultades económicas que pasan as salas alternativas de Compostela animaron á NASA a enviarlle ó concello un informe no que informa da súa situación e sinala a diminución de axudas cara estas salas. Segundo a NASA, a axuda do Concello diminuÃu ata un 85% nos últimos cinco anos e desde 1999 non se reciben axudas do Departamento de Cultura. Desde a sala sinalan que as únicas aportacións do Consistorio, un sexto das axudas que recibe, veñen a través da ConcellerÃa de Educación.
Os responsables da sala sinalan a diferencia de financiamento que se dá nas salas independentes de Madrid ou de Barcelona con respecto ás de Compostela. Mentres na capital galega cada sala recibe unha media de catro millóns anuais, nas outras dúas urbes é común que cada local deste tipo reciba vinte millóns de pesetas, o que supón arredor da metade do orzamento total.
A NASA reclama do concello un maior importe das axudas e a negociación dun plano plurianual que lle permita á sala desenvolver proxectos máis ambiciosos e estabilizar a súa programación.
Pola súa banda, a conceleira de Cultura de Compostela, Teresa GarcÃa-Sabell, sinala que o informe está en estudio, ó tempo que considerou "unha mágoa" a posibilidade de que a NASA pechase ou se trasladase a outra cidade. Segundo a concelleira, a postura da sala é "excesivamente catastrofista" e sinala que desde o concello "faise un grande esforzo por manter programas concretos" coas salas alternativas. GarcÃa Sabell manifestou que "está previsto" que nos vindeiros orzamentos do Concello se estudie un proxecto de convenio coas salas alternativas da cidade.