É xa unha cita clásica para as artes das dúas bandas do Miño e, aos poucos, vai facendo o seu espazo no ámbito internacional. A Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira inicia este mes de agosto unha nova edición incidindo na relación entre oriente e occidente e reflexionando sobre a súa propia condición de periferia artÃstica.
“As novas cruzadas” é o tÃtulo da XIV edición da Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira. Baixo este lema, esta cita creativa analiza este ano a relación occidental con Oriente Medio ao tempo que incide na súa condición de cita periférica, libre de preconceitos e vencellada ao que queren facer dela os propios participantes. Que, a verdade, non faltan, nada menos de 400 persoas entre artistas, comisarios, persoas da organización e inscritos nos talleres achéganse a estee vento desde 32 paÃses diferentes. Como se pode ver, a Bienal reafÃrmase nos eu carácter internacional e de diálogo.
Galicia en Cerveira
A presenza galega na Bienal mantense desde hai anos. Xa a edición de 2003 prestou unha especial atención ao noso paÃs ao colaborar coa Faculdade de Belas Artes de Pontevedra, o Museo desta mesma cidade e o Centro Cultura de Ourense. En total foran dezanove os artistas do noso paÃs que participara naquela edición. Segundo explica Nuno Correia, desde a coordinación do evento, “a participación galega foi desde sempre significativa. Nas últimas dúas edicións temos procurado incrementar a relación directa cos artistas e coas faculdades de Belas Artes”. Nese sentido asegura que a resposta”ten sido sorprendente” e que o número de galegos que participan no evento está a medrar.Esta colaboración permitiu mesmo deslocalizar algunhas das actividades do evento. Deste xeito, Tui e Tomiño trouxeron a Bienal a esta banda da raia e albergaron exposicións. Este ano, de novo, as dúas localidades albergarán cadansúa mostra. En Tui veranse as creacións dos titulados en Artes Dixitais e Multimedia da Escola de Artes de Matosinhos. Pola súa banda, en Tomiño poden verse algúns traballos dos alumnos de Arquitectura da Escola Superior Gallaecia.
Outros espazos
Do mesmo xeito, tamén no Alén Miño as localidades de Caminha, Valença, Monção, Melgaço e Paredes de Coura acollen actividades da Bienal. As propostas van moito para alén das exposicións e inclúe intervencións artÃsticas e performances canda a conferencias, mesas redondas, presentacións ou talleres sobre arte dixital e gravado, entre outros. O intenso programa desenvólvese ata o vindeiro 29 de setembro e contará, de certo, cunha participación multitudinaria.
Entre bienais
Desde aquela, e ata a vindeira bienal, en Vilanova continuará a actividade artÃstica e cultural. Esta poboación está a apostar decididamente pola cultura e pola arte coma eixe de desenvolvemento local e para isto desenvolveu o centro Cerveira das Artes, que aspira a ser un Centro de Industrias Culturais. Neste espazo está previsto que se instalen talleres de disciplinas creativas coma a serigrafÃa, o gravado, o traballo do vidro ou outras disciplinas de creación artÃstica, coma a arte electrónica, coa intención de aproveitar o potencial económico e de emprego destes traballos. Canda a isto, Cerveira conta tamén cun Museo de Arte Contemporánea xurdido da propia Bienal que acolle obras de creadores de todo o mundo realizadas nos últimos trinta anos. Aos poucos, esta pequena localidade está a conseguir meterse no mapa artÃstico cultural e, cada dous anos, polo menos, vaise facendo unha obriga para os afeccionados á arte peregrinar e cruzar o Miño.

Bienal de Vilanova de Cerveira 2007
Cartel da entrada da bienal
Bienal de Vilanova de Cerveira 2007
Vista exterior do Fórum
Bienal de Vilanova de Cerveira 2007
Unha obra de Chagall nesta bienal
Bienal de Vilanova de Cerveira 2007
Unha obra de Calder no evento
Bienal de Vilanova de Cerveira 2007
Un Miró na Bienal
Bienal de Vilanova de Cerveira 2007
Obra de Pascal Nordmann - Premio Revelación
Bienal de Vilanova de Cerveira 2007
Imaxe dunha obra de Ribeira
Bienal de Vilanova de Cerveira 2007
Outra imaxe dunha obra de Ribeira
Bienal de Vilanova de Cerveira 2007
Zadok Ben-David - Grande Premio da Bienal