O audiovisual galego está este otoño máis movido que nunca. Estes días falábamos da presentación do Festival de Cine de Ourense, en Compostela está a piques de comezar o ciclo de Cineuropa. E, mentres tanto, hai outras citas e referencias menos coñecidas. Unha en Vilagarcía, onde todo está preparado para que dé comezo o "V encontro de cineclubes galegos e portugueses". E a outra en Madrid, onde Continental da man de Patricia Ferreira está a rodar "El alquimista impaciente".
Os cineclubes de xornadas
En 1984 un grupo de cineclubes de Galicia e do norte de Portugal decidiron facer unhas xornadas de xuntanza. Era o elo que lle daba continuidade ó oco deixado pola irregularidade de celebración das Xociviga (Xornadas de cine e vídeo de Galicia). Aquela primeira xornada tivera lugar en Vilagarcía onde se puxera en marcha co obxecto de introducir nas canles de distribución portuguesas un cine que ata entón resultaba pouco accesible ós afeccionados. Nove anos despois, Vilagarcía volve a acoller unha nova edición destas xornadas. Concretamente a quinta, o que demostra a irregularidade coa que se estaban a desenvolver estas actividades. Para o programa que mañá comeza están previstas debates, proxeccións e turismo que se desenvolverán no concello de Vilagarcía na sé do cineclub Ádega, que precisamente cumple 25 anos.
Para estas xornadas está anunciada a presencia dus 40 afeccionados, que abranguen cineclubes de diferentes lugares. Desde Coruña ata Faro, pasando por Oporto, Lisboa, Vigo, O Carballiño, Ourense ou Vilagarcía. No que se refire á propia participación das figuras destacan numerosas personalidades do cine de ambas as dúas figuras do Miño. Do lado galego están Chano Piñeiro, Alfredo García Pinal e do outro lado Joaquim Leiteao, Manuel Costa e Silva.
E a gravación en Madrid
Eo audiovisual galego está trascendendo máis alá das nosas fronteiras. Tanto nas exhibicións en salas cinematográficas como nas rodaxes e gravacións. E polo demais destaca a rodaxe de Patricia Ferreira que está en Madrid da man de Continental co seu último proxecto "El Alquimista impaciente". Trátase dun filme policíaco que supón un guiño á exitosa serie de televisión "Expediente X". A película está baseada na obra de Lorenzo Silva que ten o memo título e coa que gañou o premio Nadal no 2000. Este último proxecto de Continental Produccións ten un presuposto de 380 millóns de pesetas e conta coa participación de numerosos actores galegos. Entre eles destaca Monti Castiñeiras e Santi Prego que traballaron coa directora na premiada "Sei quen es". Completan o reparto Adrana Ozores, Miguel Ángel Solá, Marina Santángelo e autores como Chete Lera, Santi Prego, María Bouzas ou Luis Zahera.
O filme chegará ás pantallas a vindeira primavera, para o que está previsto que a rodaxe termina o vindeiro mes de decembro.