O Círculo Lírico Calderón da Coruña quere estabilizar a zarzuela en Galicia

Con cantón de Manila

A Coruña podería converterse no principal centro galego de teatro cantado. Trala consolidación e profesionalización do Festival da Ópera, o Círculo Lírico Calderón da Coruña, pretende instaurar unha temporable estable de zarzuela en Galicia. Aínda que a ópera e a zarzuela son xéneros distintos, ámbolos dous líricos e desenvolven teatro cantado, polo que existiría tanto na cidade herculina coma na olívica, un público interesado e uns locais adaptados a esta iniciativa. De momento, a creación desta temporada estable ten os seus primeiros pasos na representación de "La verbena de la paloma" na Coruña.

Idea e primeiro impulso


A idea de crear unha programación estable na Coruña parteu do Círculo Lírico Calderón que xa conseguiu o apoio de preto dun centenar de persoas. De momento, o seu principal cometido é o de encher un oco en Galicia ante a falta de programación zarzuelística.
E o primeiro paso está dado, que é o de conseguir interpretar en varias cidades galegas (A Coruña, Vigo e Ponteveda) a coñecida obra de Tomás Bretón "A Verbena de la Paloma". Un ano despois de que se comezara a falar do proxecto, a finais deste mes de setembro terá lugar a primeira actuación no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Un evento ó que se repetirá, o vindeiro 26 de outubro, en Pontevedra e aínda sen concretar en Vigo.

Protagonistas


A interpretación de La Verbena de la Paloma é o xermolo desa reivincicación e que se interpretará gracias a numerosos apoios. Os principais son os dos patrocinadores: o grupo Seguros Ocaso e Caixa Galicia, ademais da colaboración do Concello da Coruña, o IMCE, a Deputación así como diferentes empresas coruñesas.
Os protagonistas deste evento teñen tamén outros nomes. Son os dos músicos e cantores que farán posible a producción coruñesa. Neste evento participan a "Orquestra Sinfónica do Sur de Galicia Reveriano Soutullo", o Ofeón da Coruña, o Ballet de Carmen María Mejuto, o escenógrafo Rodrigo Roel, Matilde Blanco como directora artística, Luisa Armesto como directora musical e o pintor Pedro Bueno como autor da posta en escea.



As relacións entre a ópera e a zarzuela









A zarzuela é un xénero lírico que xurdeu no século XVII, baixo o mandato de Felipe IV, que era un afeccionado os espectáculos cantados e bailados. Tivo o seu esplendor no século XVII e a fins do XVIII estivo a piques de desaparecer pola popularización da tonadilla escénica (que é un xénero lírico dramático menor con melodías populares españolas e temas costumistas e humorísticos).
A zarzuela e a ópera son xéneros diferentes, aínda que ambos os dous son teatro cantado. A zarzuela é un xénero típicamente español, que intercala fragmentos cantados con partes falados e tivo o seu eixo de influencia en España e hispanoamérica.