Non todo é o que parece, ou polo menos non veremos as mesmas obras da literatura clásica. As representacións teatrais que chegan estes días a Coruña e a Vigo non son, nin moito menos, fieis ás súas obras orixinais. O Sexismundo que hoxe recitará o seu célebre monólogo non será tal, será Sexismunda e plantexará os mesmos interrogantes que o protagonista calderoniano pero en clave feminina e actual. Por outra banda, o Calisto que estará en Coruña chega ás Rias Baixas desde Medellín para resolver algún que outro escuro negocio.
Sexismunda con Sarabela Teatro
En clave feminina, en galego e con problemas actuais. Estas son as tres características principais que terá a representación de Sarabela Teatro esta noite en Vigo. E estas tres especificidades son, ó mesmo tempo, as características máis novidosas desta versión da obra de Calderón de La Barca.
Malia os cambios con respecto á obra orixinal, en toda o guión desta obra pretendeuse respectar co sentido e ó máximo o texto orixinal, sen perder o sentido da adaptación. Alternamos o verso e a prosa para dotar ó espectáculo de maior ritmo, ademais de cambiar o final para dotar de frescura á representación.
Ánxeles Cuña é a encargada de dirixir este espectáculo, que ten como principal protagonista a Elena Seido, no papel de Sexismunda. Completan o reparto Fernando Dacosta, Suso Díaz, Josito, Sabel Gago e Tito Asorey.
Calisto e Melibea con Teatro do Noroeste
A Celestina, o Calisto e a Melibea que esta noite presenta Teatro do Noroeste na Coruña, conservan, con respecto á obra orixinal, os mesmos nomes e a mesma filosofía. O argumento e a sinopse pouco gardan coa obra clásica. Por unha banda porque Calisto chega de Medellín enviado polos seus xefes para resolver algún que outro escuro negocio. Melibea vende frores e a Celestina está inspirada na coñecida Pandora (que rexentaba unha casa de prostitutas en Lugo).
Coa obra Xabier Estévez, Xosé Vilarelle, Luisa Veira e Luma Gómez pretenden trasladar un relato no que o amor é o motor principal e que fala da frustración humana. Unha historia que, como a orixinal, está marcada pola envexa e que acaba coa morte dos protagonistas.
A obra representarase hoxe e mañá a partires das nove no Teatro Rosalía de Castro e teñen un prezo que oscila entre as 700 e as 1.500 pesetas.