Animación, ilustración, deseño gráfico, publicidade, cine, televisión, internet.... LimaÃa é unha productora na que todo cabe. Desde unha casa rehabilitada en Piñeira de Arcos (Ourense), un exército de catro membros, armados con lapiceiros, papel e ordenador batallan para crear a primeira longametraxe de debuxos animados clásicos realizados en Galicia, "A flor da auga". Fadas, mouras e seres mitolóxicos serán os protagonistas desta historia inspirada en lendas de tradición oral.
A flor da auga
"A flor da auga" ven a tomar o relevo de "O bosque animado". Ambas as dúas son creacións en 3D feitas en Galicia e con capital galego. Ambas as dúas están ambientadas en Galicia e contan historias propiamente galegas.
"A flor da auga" conta cun presuposto de 1,9 millóns de euros (317 millóns de pesetas) e conta coa baza de recrear historias clásicas recollidas da lenda da tradición oral.
As figuras que adornan os canzorros da catedral, o monasterio de Celanova e outras iglesias rurais, recreadas polo pintor Xaime Quessada son os protagonistas desta historia.
As covas do Rei Cintolo, a lagoa de Antela, o olimpo celta do monte Pindo, o Xurés, o Teixadal... e 65 lugares máis son os escenarios nos que se moverán as personaxes protagonistas da historia.
Unha historia que, por problemas de financiamento, non chegará ata as carteleiras galegas ata o verán do 2003; cando a súa estrea estaba prevista para decemebro do 2002. A obra está agora mesmo en proceso de elaboración desde que en setembro do 2000 se iniciara o proxecto.
A historia dunha pequena empresa
LimaÃa é unha pequena productora que, tal e como conta na súa web, "reivindica e aposta pola recuperación das culturas minorizadas para continuar existindo como tales, neste cada dÃa máis homoxeneizado". Por ese mesmo motivo, os principais proxectos que desenvolven dentro da súa múltiple tarefa creativa están moi vencellados á realidade cultural galega.
Ademais de desenvolver traballos de encarga (entre os que destacan numerosos proxectos en Escocia, Irlanda e Canadá) contan con numerosos proxectos de producción propia. Entre estes últimos destacan a producción da curtametraxe "Carro, Gallarda e Marelo" que será convertido en serie para televisión. Agora mesmo, teñen un proxecto cinematográficos en preproducción que é o de levar á gran pantalla, a novela de Méndez FerrÃn "Arraianos".
Entre o seu haber destaca a colaboración con productoras estranxieras.Coa escocesa West Highland Animation realizaron unha coproducción que se emitÃu en Canadá, Irlanda e Escocia. Ó mesmo tempo están colaborando con Canal Sur para a que desenvolven a longametraxe "A viaxe".