A banda deseñada galega vive o momento máis doce da súa historia, que se concreta nunha eclosión do número de autores, na proxección exterior "antes só imaxinada" e no maior número de publicacións da súa historia. Entre os nomes que fixeron isto posible destaca Henrique Torreiro, coordinador das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense e un dos maiores teóricos do sector. Ofrecémosche o texto que apareceu na publicación "I+C"
Que lle achega a rede á banda deseñada galega actual?
Parece claro que achega unha maior posibilidade de contacto entre os diferentes intervenientes en todo o proceso: permite o traballo en equipo de varias persoas sen dependencia do lugar fÃsico en que se encontre cada unha delas e a inmediatez no intercambio de experiencias (respecto de calquera cuestión técnica ou artÃstica, salvando mesmo a tradicional soidade do creador de BD ante a súa mesa de traballo). Mais tamén o contacto cos editores (con vistas a ofrecer os traballos e tamén unha vez comezada a relación profesional), cos lectores e, no caso da autoedición (que seguirá sendo, como até o de agora, a mellor forma de prepararse para poder editar profesionalmente), con impresores, distribuidores e mesmo compradores.
En que aspecto considera que a rede presenta un papel máis destacado, como canle de distribución e venda?, como soporte para aparición de novos formatos como libro electrónico, libro cun compoñente multimedia…? Por onde pode ir o futuro?
Sobre todo é vantaxosa como soporte de distribución: para as edicións independentes, os fanzines, a rede conseguiu a opción das publicacións dixitais, en formato web ou en arquivos tipo pdf, o que abarata até o lÃmite os custos de edición e permite unha difusión inestimablemente maior; isto non significa que vaia facer desaparecer o formato impreso en papel. Para unha revista autoeditada o prezo de venda serve para a recuperación do investido na súa reprodución, non ten ánimo de lucro; a distribución en formato dixital elimina ese custo e unha barreira para achegarse ao público lector. Para os produtos «profesionais», se realmente pode haber un formato de libro dixital que ofreza unha comodidade (en todos os sentidos) comparablemente á da edición en papel, benvido sexa (creo que terá que lembrar moito á edición en papel para que poida pensar en substituÃla); por outra parte, está claro que os contidos multimedia achegan cousas moi útiles, aÃnda que no caso especÃfico dos cómics servirÃan antes para engadir «extras» ao produto (unha entrevista ao autor, por exemplo) que para facer evolucionar o medio (unha BD con animación, por pormos un caso, deixarÃa de ser unha BD para pasar a ser outra cousa diferente, nin mellor nin peor). Claramente, a rede permite unha maior coordinación entre promotores culturais, editores, autores, distribuidores... Tamén permite «inventar» novos produtos, pero ante todo deixa vÃa máis libre aÃnda aos formatos tradicionais, aos cales lles queda aÃnda moito, moito por dicir.
PoderÃa facer unha prospección de mercado. Como pode afectar a rede á banda deseñada dentro de cinco anos?
Non me vexo capacitado para facer predicións, sobre todo tendo en conta a velocidade dos cambios; eu dirÃa que pode axudar a encontrar ese público que por unha ou outra razón descoñece o que lle pode ofrecer a BD. Mais tampouco debemos esquecer que o feito de estarmos en contacto con millares de posibilidades non ten por que significar que finalmente optemos sequera por algunha delas; o aumento de posibilidades de comunicación na nosa sociedade (unha auténtica revolución, innegable) non fixo senón aumentar a homoxeneización cada vez máis brutal das canles masivas, os produtos que recibe a gran maiorÃa da poboación.