A Xunta asegura a creación da Comisión do Cine e do Consorcio Audiovisual

Promesas para os espectáculos galegos

Durante a inauguración dunha Aula Multimedia no Centro Galego das Artes da Imaxe, o Conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, anunciou a vindeira creación do Consorcio do Audiovisual de Galicia e máis da Comisión do Cine do país. Pola súa banda, a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escea ultima as negociacións con sindicatos e co Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) para acadar que os actores galegos sexan os segundo do estdo en dipor dun convenio laboral.


As promesas do audiovisual


O Conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, augurou onte que "en escasas semanas" se constituirá o Consorcio Audiovisual de Galicia e Comisión do Cine de Galicia, cumprindo así o texto da Lei do Audiovisual aprobada en 1999.
O Consorcio Audiovisual é unha entidade pública interadministrativa na que poden participar, ademais de diferentes entidades públicas, asociacións e agrupacións sen ánimo de lucro e que estén interesadas no desenvolvemento do sector.
Pola súa banda, a Comisión de Cine de Galicia sería un organismo encargado de asesorara a Xunta en canto a medidas e planos para impulsar proxectos relacionados con este sector.
O conselleiro tamén presentou onte o Anuario Audiovisual Galego 2001, no que se sinala un forte incremento na actividade desta industris,, que chegou a facturar dez mil millóns de pesetas no ano 2000.

As promesas para os actores


A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escea está a ultimar a súas negociación son sindicatos e IGAEM para acadar que Galicia sexa a segunda comunidade do estado cun convenio laboral propio para os traballadores.
Ante a grande cantidade de compañías que comparten un territorio relativamente pequeno e o grande número de actores, que moitas veces traballan en moi malas condicións, desde esta asociación levan xa varios anos traballando na elaboración dun convenio para este oficio.
con este convenio preténdese limitar o horario de traballo, establecer un salario medio e definir as funcións do actor, que na actualidade ten que encargarse en moitas ocasións de tarefas coma montar escenario ou encargarse de xestións.
O convenio afectará unicamente ós actores de teatro, xa que os que se dedican ó audiovisual están suxeitos a un acordo estatal. Nun comezo pensouse en incluir tamén a directores e técnicos de escea, pero o feio de que moitos directores son tamén propietarios das empresas teatrais dificultou este feito. Desde a Asociación aseguran que para dentro duns cinco anos estarán listos os convenios destes colectivos.