Puntuación: 1.7/5 (72 votos)
Este libro, coordinado por Xesús Alonso Montero e Miro Villar, recolle as conferencias e a maioría das comunicacións proferidas durante as xornadas sobre Guerra Civil e Literatura Galega que se celebraron en decembro de 1999 patrocinadas polo Consello da Cultura Galega. Publícanse aos 70 do inicio da Guerra Civil, acontecemento que tanto influíu, para mal, na evolución das Letras Galegas.
Inicia o volume o traballo de Xesús Alonso Montero “Presenza da lingua galega nos libros de lectura, na escola primaria, nos primeiros anos do Franquismo”; e seguen os de Gonzalo Bouza-Brey Villar (“Luis Bouza-Brey. Un poeta en San Simón”), Concepción Delgado (“A recuperación poética na posguerra. Celestino Luís Crespo: Brétemas mariñas), Xosé Gregorio Ferreiro Fente (“Valentín Paz Andrade: poemas escritos na guerra”), Xosé Ramón Freixeiro (“A poesía bélica de Noriega Varela e tres poemas apócrifos”), Inmaculada López Silva (“A Guerra Civil: mundo posíbel e memoria histórica na narrativa actual”), Xosé Manuel Maceira.
(“Leandro Carré Brandariz. Dramático final dunha saga”), Xulia Marqués Valea (“O 25 de xullo no xornal El Compostelano), Olga Novo (“O grande Grou”), Armando Requeixo (“Anibal Otero: narrador, poeta e colector de romances durante a Guerra Civil”), Claudio Rguez. Fer (“Literatura Galega na Guerra Civil. Estados da cuestión”), Teresa Seara (“As musas francófilas: poetisas galegas no período da Guerra Civil”), Lois Vázquez Fdez. (“Dous poetas galegos (mercedarios), vítimas da Guerra Civil en Madrid”), Miro Villar (“Acender o rancor contra dos déspotas. O antifranquismo na poesía de Xervasio Paz Lestón”), Xesús Redondo Abuín (“Confeso que son subxectivo”), Borobó (“Ante os Comicios do 36. Memoria persoal”), Manuel Dourado Deira (“O 18 de xullo. Evocado dende a experiencia dunha centenaria: Teresa Castelao”) e Avelino Pousa Antelo (“Escritores de hoxe, marcados pola Guerra Civil, falan do seginificado de tres datas: 16 de febreiro, 28 de xuño e 18 de xullo de 1936”)
[Presentación editorial]