Puntuación: 1.8/5 (31 votos)
Cando calquera de nós se achega ao mar a bañarse, ou simplemente vai pasear pola area húmida, a maioría da xente non é consciente de que ese líquido acuoso que forma o mar ten unha antigüidade duns 4.500 millóns de anos, case tantos como o propio planeta que habitamos, polo tanto, este enorme ecosistema foi testemuño da maior parte dos acontecementos tanto xeolóxicos como biolóxicos que tiveron lugar neste planeta. Tampouco somos conscientes de que ao saír do baño, nestas augas salgadas, portamos sobre o noso corpo numerosas células de moi pequeno tamaño, moitas delas microscópicas, coñecidas como fitoplancto. Estes microorganismos marlños son a base das cadeas tróficas neste medio. Boa parte da nosa alimentación, aquela que procede do mar, depende da abundancia destes pequenos organismos fotosintéticos.
Aínda que o cerne é a Oceanografía e a Bioloxía mariña, este é un libro que poderiamos cualificar de multidisciplinar, pois nel, como o propio relato sobre a Arca de Noé, teñen cabida outros moitos aspectos, non exclusivamente biolóxicos, que van desde narracións históricas sobre navegación, Erastótenes e a esfericidade da Terra, as investigacións de Alfred Wegener sobre a tectónica de placas e a súa influencia no noso planeta até Thor Heyerdal e a expedición da Kon-tiki, a conquista do planeta azul polos humanos, a caza das baleas etc.
[Contracapa do libro]