Puntuación: 2.4/5 (51 votos)
“Os cabaleiros petan nas portas da literatura” vén encher un oco na crítica litera- ria galega. Con efeito, o discurso literario que Pardo de Neyra denomina “palacia- no” é unha das direccións máis senlleiras e repetitivas ao longo da traxectoria literaria galega contemporánea; non en van nunha sociedade tradicionalista como a da Galiza, a constante lembranza dos fidalgos, as súas moradas e o seu comportamento son pontais emblernáticos no devalar literario que comeza cq Rexurdimento decimonónico.
Aínda que xa esbozara algo a este respeito no ensaio “Ánxel Fole: pazos e nacionalismo” (2003), neste novo traballo, xurdido da súa Tese de Doutoramento en Historia Contemporánea, volve profundar no tema da literatura galega palaciana.
Comezando nos inicios rexurdentistas, as páxinas deste estudo veñen demostrar a efectividade e o engado que os ecos cabaleirescos espertaron tanto nos intelectuais daquel momento como nos seus continuadores, os que en pleno novecentismo da Época Nós clamaron por unha conciencia diferencialista e a entidade galeguista que, de seu, xa se apoderara da literatura do dezanove. Tras unha meditada análise respeito da realidade e a literaturización que sufriu o heroe cabaleiresco grazas ao discurso nacionalista galego, deseguido profúndase na mesma esencia da literatura da Galiza, esta vez recorrendo ao engado do guerreiro matamouros (o cabaleiro de Figueroa, o de Montenegro) e ao medievalismo casteleiro de Galo Salinas. Lugrís Freire e San Luís Romero constitúen o seguinte peirao nesta viaxe para, xa en pleno nosismo, deterse nos fidalgos de Lar e no aristocratismo de Cotarelo e Casas Blanco. Da Posguerra recupérase a entidade narrativa de Fole e a fantasía mitolóxica de Arturo Cancela, e tras unha rápida ollada polos contributos da Nova Narrativa do século XX, finalizase na releitura de Puente Docampo e Loureiro, dous paradigmáticos exemplos do vedraño significado que o cabaleiro e o fidalgo seguiron a manter nos confíns do milenio.
[Contracapa do libro]