Non estamos ante unha biografía, aínda que aparecen ben destacados os fitos máis importantes da súa vida, senón ante un libro que facilita aos lectores unha aproximación á obra en galego de Lugrís Freire (obra poética, teatral, de contos, artigos e discursos) a que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2006. O lector atento deseguida atopará algunhas primicias: a versión en castelán de "Mareiras", feita polo propio Lugrís, algunhas cartas e unha variada achega gráfica na que destacan fotografías descoñecidas. [Contracapa do libro]